COMONACASA

Información xeral
Servizos
Contorna
Comonacasa nace da necesidade de poñer en valor produtos da zona e das nosas costas, de forma tradicional, incorporando novas elaboracións e sabores, e tratando de que o cliente atope o equilibrio entre o tradicional e o novo. Somos un equipo novo e motivado, aberto a novas experiencias, pero sen esquecer as nosas orixes.
Cafetería: Conta cunha ampla carta de tapas, cócteles, almorzos, cafés, etc. Un dos puntos primordiais da cafetería é a zona infantil, na que os nenos se poden divertir, permitindo que os seus pais tamén poidan pasar un momento agradable. Ademais, temos unha zona de produtos delicatessen na que os clientes poden comprar queixos, viños e produtos de elaboración propia e da nosa Galicia. A capacidade da cafetería é de 40 persoas e de 16 persoas na terraza. Restaurante: Ademais dos produtos ofertados na cafetería, que tamén poden ser degustados no restaurante, este conta cun servizo á carta composto dunha ampla oferta, con primeiros pratos, peixes, carnes e sobremesas, e unha gran variedade de viños, cavas e licores. A súa capacidade é de 57 persoas. Zona Banquetes: Aquí pódese celebrar calquera tipo de evento. Ten unha capacidade de 80 persoas.
Foi durante a Idade Media, co asentamento da orde monástica do Císter en Oseira, cando comezou o desenvolvemento económico da comarca. Auténtico símbolo da localidade, o Templo da Veracruz, obra do arquitecto Antonio Palacios, é un fermosíssimo exemplo de arquitectura contemporánea. Nel pódese apreciar a harmónica fusión de trazos bizantinos, prerrománicos, románicos e góticos. Outros puntos de interese son o xacemento castrexo de San Cibrao Das, o Pazo dos Quiroga e Santa Baia de Banga, xoia do románico, que alberga fermosas pinturas murais policromadas (s. XVI). Un dos principais atractivos turísticos do Carballiño é a súa condición de estación balnearia. As augas termais, coñecidas desde a época romana, teñen os seus dous referentes principais nas Caldas de Partovia e o Gran Balneario. Pola súa banda, o río Arenteiro concentra grandes áreas de lecer, como as praias fluviais do Cuco e a Piscifactoría ou o Parque Municipal. Os arredores do municipio posúen un alto valor ecolóxico e paisaxístico, con abundantes zonas de bosque autóctono. No sur do termo municipal é posible contemplar o peculiar cultivo en socalcos dos seus viñedos, que producen os apreciados viños do Ribeiro. Por último, no veciño municipio de San Cristovo de Cea atópase o Mosteiro de Oseira (s. XII), de gran monumentalidade.