EIRADO DA LEÑA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O Eirado da Leña é un restaurante gastronómico situado no corazón do centro histórico de Pontevedra, na emblemática Praza da Leña, ás portas do antigo Museo de Pontevedra. O restaurante, dirixido polo chef Iñaki Bretal, aposta por sacar o mellor do produto, baseándose na sinxeleza. Así, busca pescados e mariscos das rías galegas, capturados con artes de pesca sustentable, ademais de traballar con pequenos produtores de agricultura ecolóxica. O Eirado da Leña conta cunha ampla e selecta adega, con máis de 280 referencias de todo o mundo, con especial atención aos viños das denominacións de orixe galegas.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
Ao abrir as súas portas no corazón do centro histórico de Pontevedra, resulta fácil imaxinarse os seus arredores: pedra, granito puro, historia viva e rehabilitada; un conxunto de pequenas prazas e rúas estreitas cheas de vida un día si e outro tamén; un pasado que deixou grandes pegadas e un futuro que pasa polo lecer tranquilo. Hai que destacar dous puntos neurálxicos próximos: por unha banda, o inigualable Museo de Pontevedra; e por outra, a igrexa da Peregrina, lugar de paso dos peregrinos que fan o Camiño Portugués rumbo a Compostela.