FINCA GOLETA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Finca Goleta atópase nun encantador edifico do século XIX, situado nun gran xardín nas aforas de Foz, xunto á ría. Ofrece un fermoso aloxamento con conexión Wifi e aparcamento gratuíto. As habitacións e apartamentos de Finca Goleta combinan unha decoración moderna con tradicionais vigas de madeira e paredes de pedra. Os apartamentos teñen unha cociña moderna con lavadora e lavavaixelas. O hotel ofrece un almorzo caseiro que inclúe froita da horta de Finca Goleta e unha gastronomía tradicional de Galicia. Conta cunha sala de televisión, biblioteca e parque infantil. Pódense usar kayaks de forma gratuíta. Conta cun fácil acceso dende a autovía A8 e as praias de Foz atópanse a uns dez minutos en coche. Para relaxarse os visitantes de Finca Goleta contan con 14 hectáreas de xardíns e montes ao lado da ría, nunha casa chea de espazos únicos.
O establecemento conta cunhas características arquitectónicas específicas integradas de forma harmoniosa co contorno arquitectónico e natural da zona que se sitúa.

GALERÍA DE IMÁXES