Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Situado no Paseo Marítimo da Coruña, fronte á Torre de Hércules e a un paso das praias de Orzán e Riazor, o restaurante Finisterrae La Torre ofrece unha coidada carta, unha seleccionada adega e unhas relaxantes vistas.
Nos salóns pódense organizar un cóctel, ou simplemente gozar dun aperitivo ou un café con marabillosas vistas e nun ambiente relaxante.
O lugar idóneo para todo tipo de eventos, así como para todo tipo de presentacións, congresos, conferencias, servidos a través de Finisterrae Catering.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O mar na Coruña ten carácter e é bravío. Unha estampa que non deixa indiferente ao visitante incluso nos días máis calmos do verán. Esta paisaxe ten tres elementos que enmarcan de xeito inesquecible a visita áCidade: a Torre de Hércules e as praias de Orzán e Riazor. Estas marabillosas vistas fan dos restaurantes ‘Finisterrae’ e ‘Casa dos Peixes’, enclavados neste contorno utópico, unhas atalaias privilexiadasnas que descubrir os productos galegos de calidade elaborados coas mellores receitasda cociña atlántica e unha selecta adegana que degustar o carácter dos viños das mellores denominacións de orixe galegas e do resto de España.