GALIPIZZA A CORUÑA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Galipizza é unha cadea de restauración que naceu en Covas-Viveiro en 1993 e ten locais tamén en Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Conta con unha innovadora liña de pizzas que mistura novos sabores e produtos, todos eles de primeira calidade e que inusualmente se utilizan na elaboración da pizza, sustituindo a clásica mozarella polo sabor dos queixos galegos, fusionándoa coa comida tradicional galega e demostrando que os nosos produtos son ricos en calquera das variedades en que se presenten.

«GALIPIZZEANDO NO FOGAR DE BREOGÁN»

Conta a lenda que Brigantia, orixe mitolóxico da Coruña, foi fundada por Breogán, o mítico rei céltico de Galicia.

Galipizza tamén tivo que conquistar dúas veces a cidade da Coruña e, desde abril de 2018, estamos ubicados na céntrica Praza de Galicia. Trátase dun local acolledor, amplo e con diferentes zonas de comedor.

Conta a lenda que o Rei Breogán construiu na ciudade de Brigantia esta Torre... polo que se hai que destacar unha pizza en GALIPIZZA CORUÑA non pode ser outra que a nosa clásica "4 Queixos Galegos", chamada desde sempre "Fogar de Breogán"... anque tamén terás que probar a máis recente "5 Queixos Galegos".

Grazas á imaxinaria liña de tranvía Culleredo-A Coruña, esta cidade é a única do mundo na que podes Galipizzear doble con 2 locais en poucos quilómetros.

E xa de vir a Galipizzear na Coruña, toca visita obrigada á Torre de Hércules, desde a que, como se foras o auténtico Breogán, poderás otear o horizonte na busca de novas e riiicas Galipizzas!