«UN TRANVÍA CARA O UNIVERSO GALIPIZZA»
Un gran paso e tamén un gran salto para a marca Galipizza... iso significou en xaneiro de 2013 a apertura de GALIPIZZA CULLEREDO: a nosa primeira aventura fora da Mariña Lucense, a chegada á contorna dunha grande cidade galega e o escaparate perfecto para a nosa familia de pizzas, burgers e tapas made in Galicia.
Culleredo marcou un novo estilo decorativo nos nosos locais e con el lanzamos a marca "Galipizza" ao universo...
E xa que falamos de Universo... preto de Culleredo (non deixes de visitar a contorna da Ría do Burgo) podes visitar a Casa das Ciencias da Coruña, que conta con un planetario e tres prantas de exposicións, con experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre astronomía.