GALIPIZZA RIBADEO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Galipizza é unha cadea de restauración que naceu en Covas-Viveiro en 1993 e ten locais tamén en Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Conta con unha innovadora liña de pizzas que mistura novos sabores e produtos, todos eles de primeira calidade e que inusualmente se utilizan na elaboración da pizza, sustituindo a clásica mozarella polo sabor dos queixos galegos, fusionándoa coa comida tradicional galega e demostrando que os nosos produtos son ricos en calquera das variedades en que se presenten.

«O LUGAR ONDE NACERON AS GALIPIZZAS»

GALIPIZZA RIBADEO (xuño 1996) pasará á historia porque aquí, en marzo de 2007, cociñouse a primeira Galipizza da nosa historia. Realmente non era nin unha pizza, senón unha empanadilla de pan de millo rechea de raxo, grelos e queixo de San Simón. Foron os "Bocadiños de Broa" cos que participamos aquel ano no concurso de tapas "Ribadeo de Tapeo".

A acollida do público foi tan boa que pouco despois lanzábamos a primeira (de moitas) "Galipizza de Raxo e Grelos" xa cos criterios que aínda mantemos 22 anos despois: usando queixos galegos no lugar de mozarella.

GALIPIZZA RIBADEO é o Templo da Galipizza porque aquí se crearon as primeiras versións... así que poderíamos recomendarche a xenuína "Galipizza de Raxo e Grelos", que foi a primeira creada... pero non podemos deixar de mencionar a CACHOPIZZA "Galipizza de Cachopo" (creada en decembro de 2014 como homenaxe á rica cociña dos nosos veciños asturianos) ou por suposto a “Galipizza As Catedrais” creada con algas na honra do famoso areal.
E xa de vir a Ribadeo... parada obrigada na Praia das Catedrais, unha das mellores praias do mundo, moi preto de aquí!