GALIPIZZA SANTIAGO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Galipizza é unha cadea de restauración que naceu en Covas-Viveiro en 1993 e ten locais tamén en Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Conta con unha innovadora liña de pizzas que mistura novos sabores e produtos, todos eles de primeira calidade e que inusualmente se utilizan na elaboración da pizza, sustituindo a clásica mozarella polo sabor dos queixos galegos, fusionándoa coa comida tradicional galega e demostrando que os nosos produtos son ricos en calquera das variedades en que se presenten.

«O TEATRO DOS SOÑOS GALIPIZZEROS...»

No verán de 2014 abriuse por primeira vez o telón no noso "Teatro dos Soños" de GALIPIZZA SANTIAGO. Música, teatro, arte e literatura... en Compostela danse cita tódalas artes escénicas: desde Rosalía de Castro, Castelao, Pardo Bazán, Murguía, Díaz Pardo, Risco, Cunqueiro, Pondal, Otero Pedrayo... ata Elvis Presley, Heredeiros da Crus ou Marylin Monroe... aquí temos asentos para tódolos gustos!

Se estás en GALIPIZZA SANTIAGO pode que chegaras xa ao final do Camiño... así que debes probar a nosa "Galipizza Xacobea Camiño Francés", creada en 2010 para homenaxear a aquel Ano Santo.

E senón pide o clásico dos clásicos "Lacón con Grelos", pero en versión Galipizza, claro!

Ubicado no barrio de Santa Marta, preto do Hospital Clínico Universitario, é un impoñente restaurante a diferentes alturas, para o que creamos no seu día a nosa liña de "Compostelanos", unha especie de hot-dog ao noso estilo.

Vir a Compostela case obriga a pasar pola Praza do Obradoiro e visitar a Catedral de Santiago, o monumento máis visitado de Galicia.