GALIPIZZA VIGO

Información xeral
Servizos
Contorna
Galipizza é unha cadea de restauración que naceu en Covas-Viveiro en 1993 e ten locais tamén en Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Conta con unha innovadora liña de pizzas que mistura novos sabores e produtos, todos eles de primeira calidade e que inusualmente se utilizan na elaboración da pizza, sustituindo a clásica mozarella polo sabor dos queixos galegos, fusionándoa coa comida tradicional galega e demostrando que os nosos produtos son ricos en calquera das variedades en que se presenten.

«POSTA A PUNTO NO TALLER DE GALIPIZZA»

En agosto de 2017 por fin puxemos Rumbo Sur e abrimos GALIPIZZA VIGO coa ilusión de chegar á nosa "Xente Galipizzera" do sur de Galicia e abrir novos horizontes.

Con este "Obradoiro Galipizza" inspirado nun taller mecánico clásico homenaxeamos ao sector da automoción, clave en Vigo, e tamén á histórica Fábrica de Chavín (Viveiro) de José Barro. O local de Galipizza en Vigo está ubicado na zona centro, rúa Rosalía de Castro, 48, e ten uns 250 metros cadrados.

O polbo é un clásico da cociña galega, e a súa receta máis recoñecida é o "Pulpo á Feira"... así que na túa próxima visita a GALIPIZZA VIGO pide a nosa peculiar versión sobre base de pizza! Ou se prefires outro clásico galego, aposta sen dúbida pola "Galipizza de Ovos Rotos con Zorza", a nosa Top ventas desde sempre!
Se vides Galipizzear, visita obrigada ás Ilas Cíes, o maior tesouro da ría de Vigo: un incríble Parque Nacional e un dos lugares máis fermosos do país, de ahí que os romanos lles chamaran as "ilas dos deuses".