HOTEL ALFONSO IX

Información xeral
Servizos
Contorna
O Hotel Alfonso IX conta cun total de 57 habitacións, 2 Junior Suites e 1 Suite de Luxo Alfonso IX, distribuídas en 3 plantas. Conta ademais con varios salóns perfectamente equipados e con distintas montaxes para a celebración de reunións e banquetes. Tamén dispón de cafetería (con servizo interno e externo do hotel) e o restaurante A Ponte Ribeira. O hotel converteuse no lugar ideal para o descanso do peregrino, no corazón da provincia de Lugo e nunha das últimas etapas do Camiño de Santiago. De catro estrelas, con instalacións modernas e funcionais, está situado nun edificio de nova construción. Nun ambiente acolledor e agradable, as estancias contan con todo o necesario para que o cliente senta cómodo e goce do merecido descanso. Dispón de aire acondicionado, acceso a internet,  secador de pelo, recepción 24 horas, etc.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Sarria é o punto de inicio mínimo necesario para percorrer os últimos cen quilómetros do Camiño de Santiago Francés e conseguir así ‘A Compostela’. É, con diferenza, a localidade na que maior número de peregrinos inician a súa ruta. Para coller forzas e afrontar o ‘Camiño’, nada mellor que achegarse ao Hotel Alfonso IX, onde poderás coñecer o mellor da gastronomía galega tradicional, que ten como base produtos alimentarios de calidade. E se o que prefires é descansar, poderás gozar dun establecemento hoteleiro dotado de todas as comodidades para o descanso do viaxeiro.

GALERÍA DE IMÁXES

Hotel Alfonso IX