Información xeral
Servizos
Contorna
O Augusta Eco Wellness Resort é unha forma de reivindicar o valor primordial da vida.
Cos seus 17.500 m2 adicados de maneira total ao benestar, ao relax e ao goce de experiencias enriquecedoras, Augusta Eco Wellness Resort converteuse nun referente internacional en canto á cultura da auga e a inmensa saúde que esta nos proporciona.
Situado nun lugar privilexiado, a 600 metros da soleada praia de Silgar e a 250 metros do centro urbano de Sanxenxo, o Augusta Eco Wellness Resort asómase ao máxico e xeneroso mar das Rías Baixas desde unha terra na que a auga se converte en cultura e en lenda, e onde a diversidade paisaxística, cultural, gastronómica e de lecer se aúnan para ofrecer aos visitantes o mellor de Galicia na contorna máis próxima.
- 40 cabinas de tratamentos
- 8 piscinas
- 9 jacuzzies
- 4 saunas
- 2 baños turcos
- 1 baño celta
- Wi-fi gratuíta
- Recepción 24 h
- Servizo de habitacións
- Pet friendly
- Aluguer bicicletas eléctricas
- Pista de Pádel
- Parking
- Salón de xogos
- Animación infantil
- Servizo de traslados
O complexo sitúase nos arredores do centro urbano o que fai del un lugar máis tranquilo. Rodeado de montes de cor verde e algunha que outra vivenda unifamiliar o resort atópase a 600 metros o paseo e a praia de Silgar.
Destacar que o hotel conta con zona de aparcamento, acceso a minusválidos, papeleiras, servizo de limpeza, aseos e duchas.
Entre os arredores para destacar destaca a Illa de Ons que no verán sempre é posible visitar desde o municipio, o Parque Nacional dás Illas Atlánticas e varias praias. A 20 minutos en coche atópase o mosteiro de Armenteira do que parte un precioso roteiro de sendeirismo. Ademais, tamén se poden destacar varias adegas da denominación de orixe Rías Baixas na parte baixa do territorio.