HOTEL BOSQUE MAR

Información xeral
Servizos
Contorna
O Hotel Bosque Mar atópase no Lugar de Reboredo, en San Vicente do Mar (O Grove), a 300 metros da praia. Consta de dous edificios entre os cales conta cun fermoso xardín de plantas autóctonas e de diferentes lugares do mundo. Dispón de 48 habitacións, 12 estudos e 9 apartamentos; dúas piscinas e parking privado gratuíto. A localización na península do Grove permite aos seus hóspedes realizar diversas actividades de lecer como a práctica do golf, deportes náuticos, realizar excursións en catamarán, equitación ou gozar das praias próximas. No restaurante pódense gozar das hortalizas da horta do propio hotel, producidos con abonos naturais e ecolóxicos. A oferta gastronómica inclúe peixes e mariscos da Ría de Arousa, que combina elaboración tradicional con outras propostas modernas e internacionais.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
A súa situación é certamente privilexiada, e só fai falta fixarse na súa contorna para entendelo: a cinco minutos en coche xa está O Grove, coa súa ampla oferta de restauración e un porto do que saen constantemente catamaráns para facer visitas turísticas entre as bateas de mexillóns. Detrás do hotel esténdense varias praias ás que se pode ir a pé. E seguindo a estrada principal haberá oportunidade de ver lugares tan interesantes como a pequena lagoa da Bodeira. Sen saír da península do Grove, que noutros tempos foi illa, podemos ver o monte da Siradella, un miradoiro excepcional sobre a ría de Arousa e a illa de Ons.