HOTEL CAMPOMAR

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Hotel Campomar conta cunhas modernas instalacións, totalmente reformadas no ano 2011, coa categoría de tres estrelas. Situado nas proximidades da praia da Lanzada, permite aos usuarios gozar da tranquilidade do campo, xunto ao mar. Dispón de amplas e confortables habitacións con vistas ao mar ou ao campo e á piscina, a maioría contan con terraza. Dotadas de dúas camas individuais de 105 centímetros ou unha cama dobre de 150 cm., armario, escritorio, cuarto de baño completo con secador de pelo e artigos de aseo persoal, aire acondicionado, televisión de pantalla plana de 26 polgadas, teléfono, fechadura magnética e caixa de seguridade con capacidade para ordenador portátil. Tamén existe a posibilidade de habitacións triplas e cuádruplas. O hotel dispón tamén de cafetería con terraza, comedor, salón social, piscina para nenos e adultos, jacuzzi exterior de 6 prazas, área de xogos para nenos, xardín de 6.000 m2, dotado de hamacas e parasoles, aparcadoiro e ascensores No comedor ofrece unha ampla oferta gastronómica con produtos das Rías Baixas, como mariscos, peixes ou produtos do campo. Durante a tempada de verán dispón de servizo buffet
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Estrada por medio, aí espera a praia da Lanzada con toda a súa grandiosidade. É este un gran areal ben recuperado das poucas agresións que sufriu no pasado. Ata se transformou nun un exemplo de reciclaxe: a pista de aterraxe foi reconvertida en aparcadoiro -non é o único- para salvagardar o espazo e evitar intrusións de vehículos a motor. Unha marabilla estética, unhas augas limpas e ás que non hai ter medo pero si respecto xa que isto é o Atlántico e, tamén, unha lección de historia ao aire libre. Porque xusto ao sur da praia queda ao aire libre o resultado dunha escavación arqueolóxica que permite afirmar que ese espazo era unha estación de recibimento de misións comerciais quizais relacionadas cos fenicios. A tiro de pedra, os restos elegantes dunha torre que o bispo Sisnando mandou erguer coa finalidade de controlar a chegada dos viquingos e outros piratas, e unha igrexa sólida e sinxela levantada en estilo románico.

GALERÍA DE IMÁXES

Hotel Campomar