HOTEL PAZO DE ALTAMIRA

Información xeral
Servizos
Contorna
Pazo de Altamira é un pequeno hotel con encanto ideal para gozar da vida na zona histórica de Santiago, situado xunto á Praza de Abastos a só 400 metros da Catedral e a un quilómetro da estación de tren. Construído sobre o antigo Pazo de Altamira, o edificio está rehabilitado cun estilo funcional e contemporáneo. Conta con 3 estrelas e co distintivo Q de Calidade Turística. É perfecto para descansar e gozar dunha estancia con todas as comodidades, un trato excelente e unha localización idónea para explorar a vida compostelá. Goza de habitacións con amplas vistas desde balcóns e galerías que miran cara ao oeste de Santiago, sobre os tellados da cidade e co monte Gaiás ao fondo. O restaurante do hotel ofrece a oportunidade de mergullarse na vida local e saborear a cultura e a gastronomía galegas cunha interpretación actual. O hotel dispón de aparcadoiro concertado, é accesible para persoas con mobilidade reducida e ofrece servizo de espertador, lavandería e prensa personalizada. Tamén ofrece transfer ao aeroporto de Santiago e organización de excursións.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Non é difícil imaxinar cal é a contorna do hotel Pazo de Altamira, xa que se alza en pleno centro histórico, na súa parte alta e, por tanto, mesmo quizais sobre o primeiro asentamento castrexo que ocupou aquel terreo desde o que fai vinte séculos dominaba o bosque Libredón. E no bosque Libredón foi achado no século IX o corpo do apóstolo Santiago. Esa contorna é brillantemente gris, dominada por un granito milenario que foi dando forma a edificios de gran variedade, desde a Universidade neoclásica ata o mercado, que está aí mesmo e que se converteu no segundo lugar máis visitado polos turistas despois da catedral, loxicamente.

GALERÍA DE IMÁXES

Hotel Pazo de Altamira