HOTEL PAZO DO RÍO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O Hotel Monumento Pazo do Río é un complexo turístico de 19.000 m2, situado Montrove (Oleiros,  Coruña). Abriu as súas portas ao público no ano 2004 e consta dun edificio principal, Hotel Monumento, produto da reconstrución dunha antiga casa señorial do século XVI, e dun conxunto de 22 apartamentos turísticos independentes, con categoría de tres chaves. Dispón de diversos servizos de lecer e relax: terraza chill out con cafetería, 16.000 m2 de xardíns, piscina climatizada, jacuzzi, barbacoa, pista de pádel, ximnasio, sauna finlandesa, parque-zona infantil, estanque e parking gratuíto, Wifi. Completa a oferta cunha capela con medios audiovisuais para celebracións de pequenos eventos profesionais (consellos de administración, presentacións...) e un cenador para celebrar grandes eventos familiares, especialmente vodas, bautizos e comuñóns. O Hotel Pazo do Río, coa categoría de catro estrelas, conta con 9 habitacións situadas no edificio nobre e principal. Acolledoras e románticas, conservando a esencia da arquitectura tradicional galega e os materiais nobres. Os Apartamentos Pazo do Río dispoñen de capacidade desde 1 ata 6 persoas. Equipados con cociña completa, terraza individual, vistas ao xardín, salón comedor, 1 baño e servizo de habitacións. O restaurante Vale Inclán ten capacidade para ata 45 comensais ofece unha viaxe pola mellor gastronomía de Galicia coa materia prima como gran protagonista.  O restaurante ofrece os mellores peixes e mariscos traídos directamente e sen intermediarios das lonxas de Laxe e Malpica. Cociña de produto, elaborada da forma tradicional e seguindo as receitas da cociña Atlántica.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Dentro da comarca das Mariñas, Oleiros ocupa un lugar destacado na oferta turística, tanto pola súa a paisaxe coma pola proximidade á cidade da Coruña. A ría do Burgo é unha delas, así como o importante patrimonio arquitectónico, onde destaca o Castelo de Santa Cruz. Neste marco incomparable, o ‘Hotel Monumento Pazo do Río’ posibilita unha estancia adaptada a cada visitante coa posibilidade de elixir entre diferentes opcións de aloxamento, unha delas desfrutar da experiencia de durmir nunha das nove habitacións con encanto do edificio principal do século XVI e outra desfrutar nun dos vinte apartamentos con capacidade de dúas a seis persoas cunha terraza independiente rodeados dun río e zona axardinada.

GALERÍA DE IMÁXES

Hotel Pazo do Río