Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O Hotel Spa Nanín Praia está situado na praia de Nanín (Ría de Pontevedra), a tan só 1.500 metros do centro de Sanxenxo. Dispón de 28 apartamentos e 24 habitacións. Conta con acceso directo da piscina á praia. Ademais, dispón dun exclusivo Aqua Spa. Trátase dun hotel familiar por excelencia, onde se pode difrutar de Nanín Kids e as súas diferentes actividades, entre elas o aquagym ou a animación infantil nos meses de verán.
Conta con 28 apartamentos, de tipo estudo, cunha ou dúas habitacións, distribuídos na primeira e segunda planta; 12 con vistas ao mar e 16 con vistas á contorna de Nanín. Todos os apartamentos dispoñen de TV e cociña tipo americana con todo tipo de equipamento.
As 24 habitacións, 10 con vistas ao mar e 14 con vistas á contorna de Nanin, dispoñen de 2 camas individuais ou cama matrimonial, aire acondicionado, calefacción, cuarto de baño con secador de pelo, TV con pantalla LED, teléfono, wifi gratuíto e neveira para o seu libre uso.
A praia de Nanín está separada da praia de Areas por un promontorio rochoso que se penetra uns 100 metros no mar. De area branca e fina e recollida dos ventos, é unha praia con augas tranquilas propicias para o baño. Sanxenxo está considerada a capital turística das Rías Baixas.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Partindo de Sanxenxo cara a Pontevedra esténdese a praia de Nanín. E aí é onde abre as súas portas este hotel, desde cuxas fiestras se ve unha contorna que dominan o mar, as árbores e as vivendas unifamiliares. Tamén é certo que o centro urbano de Sanxenxo non se atopa lonxe, de maneira que resultan tentadores o concorrido paseo e a praia de Silgar, cos seus 750 metros lineais de area, zona de aparcadoiro, acceso a minusválidos, papeleiras, servizo de limpeza, aseos e duchas. Se o corpo pide aventura sen risco, desde Sanxenxo saen a diario modernas embarcacións que en Semana Santa e no verán unen constantemente o continente coa illa de Ons, incluída no Parque Nacional das Illas Atlánticas, e tamén con varias praias. Nas proximidades, a 20 minutos en coche, atópase o mosteiro de Armenteira, do que parte unha fermosa ruta de sendeirismo moi ben sinalizada, ademais de varias adegas da denominación de orixe Rías Baixas, xa na parte baixa do territorio.