MESÓN A CEPA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Mesón A Cepa, situado no Burgo (Culleredo, A Coruña) é un mesón familiar que durante máis de 30 anos ofreceu ao público unha gran variedade das racións máis típicas e dos viños máis saborosos da terra. Tras unha gran reforma e ampliación do local, Mesón A Cepa evolucionou ata conseguir a mellor combinación entre unha cociña tradicional e un servizo rápido e de calidade, sempre integrado nun ambiente cálido e acolledor. O local é unha agradable mestura de espazos. Por unha banda, unha zona de mesas rústicas, construídas a partir dun único carballo centenario; e doutra banda, o local continúa cun comedor máis actual e cómodo. Actualmente, e coa seguinte xeración na dirección, conta cun completo equipo de profesionais para conseguir, sen renunciar á súa esencia, crecer e evolucionar na elaboración de novos pratos e tapas, co único obxectivo de agradar e satisfacer a todos os seus clientes.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O pequeno grupo de vivendas onde se atopa este restaurante xa fora absorbido pola expansión urbanística do Burgo, pero a súa orixe está ligada á ponte próxima que, como adoita suceder en Galicia, disque é romana. O feito de que esta afirmación non sexa historicamente certa non fai desmerecer esta obra dos séculos XII-XIII, que foi reconstruída en 1992 tras ser demolida parcialmente no século XVI polo pirata Francis Drake, e no século XIX polos ingleses que escapaban dos franceses en plena guerra da Independencia. O fondo da ría define a paisaxe.