MIGA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O restaurante Miga está situado en plena Praza España de A Coruña. Antigas paredes de pedra e unha cociña totalmente á vista saltan á vista neste restaurante. Adrián Felípez transmite na súa cociña un receitario de raíces galegas, despensa de proximidade, pequenos produtores e lonxa diaria. Deixarse levar é unha das súas fórmulas máis coñecidas, onde o comensal ha de confiar en Felipez quen seleccionará pratos ata que o cliente decide parar. Fresca, de sabor e con personalidade, esta foi a aposta que desde 2016 defende este cociñeiro de Costa da Morte que decidiu romper coa alta cociña para cociñar nun idioma universal, a cociña de sabor con raíces.
  • Espazo para 36 comensais, 7 prazas nunha barra situada sobre a súa cociña fría onde cociñeiros atenderanlle directamente podendo gozar dunha ´función´ de cociña en cada servizo.
  • Prezo medio: 38€
A escasos metros da Praza de María Pita e da Mariña Coruñesa. A 500 metros da Torre de Hércules.