Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo (Pontevedra), cunha superficie concesional de 123.222 m². Sanxenxo, pobo mariñeiro e importante foco turístico de Galicia, sitúase na parte meridional da comarca do Salnés, na costa bañada polo océano Atlántico na ría de Pontevedra e de Arousa, nas súas zonas máis occidentais.
O porto dispón dunha bocana de 50 m e un calado que oscila de 5 a 8 m e 450 amarres de entre 8 e 45 m. Os servizos que se ofrecen inclúen travel- lift de 70 Tn, internet wifi en pantaláns, recollida de todo tipo de residuos, vixilancia 24 horas e acceso restrinxido a pantaláns, entre outros.
Nauta Sanxenxo conta tamén con 3.000 m² de espazo comercial e 380 prazas de estacionamento.