O SEMÁFORO DE FISTERRA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Non existe lugar máis emblemático na Costa da Morte que o cabo Finisterre, considerado o cabo da fin do mundo. Construído en 1853, a 138 metros sobre o nivel do mar. Desde o ano 1999 a antiga sede de vixilancia da mariña, o Semáforo, converteuse nun delicatessen hotel e restaurante con encanto O Semáforo, no Faro de Finisterre. O Semáforo destaca polas súas incribles vistas e postas de sol, que compiten cos días de bravas tormentas e grandes ondadas, días con néboa nos que soa con forza a sirena do faro, “a vaca”, que nos arrastra a tempos pasados de grandes lendas. Os visitantes tamén poderán gozar de O Refuxio, un espazo que da acollida ao peregrino, un lugar emblemático con vistas á famosa “escultura” do Centolo. Un espazo gastronómico único, un concepto taberna mariñeira actualizado, moderno con propostas de picoteo e take away para gozar onde o visitante queira observando o infinito. É tamén un local ideal onde refuxiarse nos espectaculares días de tormenta e vendaval.
Conta con cinco exclusivas habitacións, un exquisito restaurante, unha cafetería, terrazas con vistas infinitas e varias estancias e recunchos exclusivos para que o visitante poida perderse na Fin do Mundo.
O cabo Finisterre, considerado o cabo da fin do mundo, foi construído en 1853, a 138 metros sobre o nivel do mar. Durante miles de anos pensouse que máis aló del tan só existía unha sima acuosa na que o sol se apagaba cada noite e a través da cal se chegaba a unha rexión de tebras poboada por monstros mariños. O faro é coñecido por todos os navegantes do mundo, pola súa importancia como medio de advertencia da proximidade dunha costa sumamente perigosa (a súa luz chega a alcanzar 65 Km de lonxitude), así como pola fama traizoeira desta zona marítima. Debido á habitual néboa dos temporais, en 1888 construíuse un edificio anexo ao faro, a sirena, á que se coñece popularmente como «a vaca de Fisterra», para avisar aos navegantes dos perigos que lles axexaban.

GALERÍA DE IMÁXES