Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
As instalacións do clube están situadas no interior do porto da Coruña polo que ofrece un dos mellores abrigos para estar todo o ano coa maior e mellor seguridade para os barcos.
Fundado en 1926, o primeiro fin da sociedade foi o fomento e a promoción dos deportes náuticos, tanto de vela como de remo, así como de natación e, posteriormente, tamén de motonáutica. Nestes anos a sociedade náutica acolleu diversas probas nacionais e internacionais que a converteron en abandeirada dos deportes náuticos da cidade e de Galicia.
Conta con 350 amarres de 8 a 30 m de eslora, auga e electricidade nos pantaláns, vixilancia 24 h, mantemento de embarcacións e recollida de residuos. Entre as súas actividades formativas destacan os cursos impartidos polas súas Escolas de Vela, Navegación, Mergullo e Vela adaptada.
O Real Club Náutico da Coruña está situado na Ría da Coruña. Con intenso tráfico marítimo industrial, comercial e de lecer, os barcos deportivos crúzanse con grandes cargueiros e cruceiros. Recíbenos o histórico faro da Torre de Hércules.