Información xeral
Servizos
Contorna
O clube ten como uns dos seus obxectivos o fomento da práctica das actividades náuticas, con especial atención á navegación a vela en todas as súas formas. Dispón para iso dunha Escola de Vela que trata de facilitar o coñecemento desta forma de navegación e está certificada como escola homologada para a impartición de titulacións náuticas.
O club náutico conta con 210 amarres distribuídos en catro pantaláns dotados de fingers, eslora máxima 30 m, servizo de vixilancia nocturna, auga e electricidade, Wi-fi gratuíto e un restaurante, El mirador del Naútico, epicentro de todos os eventos do clube. Conta tamén con servizo de xestión de documentación, aparcadoiro especializado para caravanas, mantemento de embarcacións e sistema de reciclaxe de residuos.
O Real Club Náutico de Portosín está na Ría de Muros e Noia, entrada natural por mar a Santiago de Compostela. Cunha distancia de escasos 30 km a Santiago de Compostela, trátase do porto deportivo máis próximo á capital galega.