Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O clube, fundado en 1974 baixo o nome de «Club Naútico do Eo» conta con numerosos servizos para os seus socios: 620 amarres a pantalán, servizo de duchas e vestiarios, subministración de auga e electricidade ás embarcacións, servizo contra incendios, vixilancia e seguridade, servizo de lavandería e de información metereolóxica.
O clube náutico conta cunha escola de vela con máis de 20 anos de experiencia, ademáis de sección de actividades subacuáticas e sección de pesca deportiva.
A Ría de Ribadeo, a máis occidental das Rías Altas Galegas, marca o límite (ou a unión) con Asturias. Ó pasar baixo a ponte que une ámbalas dúas autonomías de seguida se chega ó Real Club Náutico de Ribadeo.