Constituído en 1951 por un grupo de asiduos veraneantes deportistas do mar, o seu obxectivo inicial foi dispoñer dun lugar axeitado onde reunirse e que servise para promocionar todas as posibilidades turísticas e deportivas que ofrece a Ría de Pontevedra.
O obxectivo deste club é a vela base, onde se inician e perfeccionan máis de 400 alumnos durante todo o ano. Na súa Escola de Vela impártense clases de iniciación e perfeccionamento a nenos e maiores. Durante os meses de verán celébranse campionatos de pesca e conta cunha sección de pesca submarina. O club presta ademais especial atención ao estudo etnolóxico das embarcacións tradicionais de Galicia e a navegación a vela nelas.