REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO

Información xeral
Servizos
Contorna

O clube foi fundado en 1906 co obxectivo de aglutinar os deportes náuticos na cidade. Conta con piscina cuberta climatizada, que foi a primeira instalada en Galicia e deu un gran impulso ao deporte de natación e  waterpolo, permitindo aos deportistas adestrarse todo o ano.

Ao longo de toda a súa existencia o Real Club Náutico de Vigo foi reforzando a súa actividade deportiva, social e cultural, converténdose nun importante referente deportivo, grazas ás súas Escolas Deportivas e a organización de competicións deportivas de gran nivel, de carácter nacional e internacional.

Entre os seus servizos, destacan a vixilancia e mariñeiría 24 horas, aseos e duchas, servizo de limpeza de embarcacións, xestión de permisos, varadeiro, ximnasio, sauna, escola de vela, clube social e unha cafetería e restaurante cun completo servizo de hostalería con impresionantes vistas á Ría.
O Real Club Náutico de Vigo está na Ría de Vigo, coa súa icónica ponte de Rande e, tras el, a enseada coa Illa de San Simón. Zona de tráfico de pesqueiros, mercantes, cruceiros, bateeiros, transporte de Ría e afeccionados ao mar. Protexendo a Ría, atópanse as Illas Cíes.

GALERÍA DE IMÁXES