RESTAURANTE A MIRANDILLA DE RINLO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Mirandilla é un restaurante con máis de 10 anos de historia, situado en Rinlo (Ribadeo), no que se combina a aposta por unha ampla e sinxela gran variedade de peixes e mariscos con carnes e sobremesas innovadoras. O equipo de dirección do restaurante posúe un amplo coñecemento dos produtos do mar, xa que pertence a unha familia de pescadores e cunha cetaria de mariscos neste pequeno pobo. Ademais, aposta por unha ampla adega, con viños de máis de máis de 70 firmas nacionais, cunha coidada selección dos viños galegos, que contribúe a lograr unha prefecta harmonización cos peixes e as carnes da carta.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
A aldea de Rinlo desafía o Cantábrico amparándose nun minúsculo entrante que, coa clásica retranca galega, é cualificado moitas veces como “a ría máis pequena de Galicia”. A tradición oral apunta a que no pasado os seus habitantes dedicábanse á caza da balea, algo bastante habitual na costa lucense. A ribeira cara ao leste (con Ribadeo como meta, previo paso polo faro da Pancha) ou cara ao oeste (a concorrida praia das Catedrais) é esplendorosa, perfilada, fermosa e irrepetible.