RESTAURANTE CANTINA RÍO COVÉS

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
A Cantina Río Covés está situada ao final do paseo marítimo da vila medieval de Pontedeume (A Coruña) e asenta os seus alicerces sobre un antigo varadero no estuario do Río Covés, paso obrigado á porta de entrada ao Parque Natural das Fragas do Eume e aos Mosteiros de Caaveiro e Monfero. A Cantina Río Covés manifestou ao longo dos anos un especial coidado e dedicación á conservación da súa contorna inmediata coa plantación de arboledo autóctono como buxo, loureiro, carballos, castiñeiros, salgueiros. Sobre o vello varadero construíuse a casa familiar que, durante 50 anos, serviu como estanco, cantina e almacén de sal. Agora, rehabilitado como restaurante, ofrece unha cociña que utiliza o mar como inspiración.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
Do propio restaurante arranca o paseo fluvial que acompaña ao río Eume nos seus últimos metros e que conduce ao corazón de Pontedeume. Fronte ao establecemento parte unha pista estreita en sentido ascendente que, despois de tres quilómetros, conduce ao castelo de Nogueirosa ou de Andrade. O centro de interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume está a oito minutos en coche (atención á igrexa de Ombre, a medio camiño).
Restaurante Cantina Río Covés