RESTAURANTE CARMEN

Información xeral
Servizos
Contorna
Restaurante Carmen dispón dun amplo comedor para 50 comensais e unha terraza cuberta con vistas ao mar. Con máis de 30 anos de experiencia no sector, ofrece aos seus clientes unha cociña baseada en produtos de primeira calidade, na que fusiona o enfoque tradicional con presentacións de vangarda. Conta co selo Q de Calidade e Compromiso de Calidade Turística 2013, ademais de gañar oTenedor de Ouro de Cociña Tradicional de ámbito galego, así como distintos premios no concurso de tapas rexional. Está situado no porto deportivo de Sanxenxo, nunha rúa peonil con vistas ao mar, a 50 metros da praia urbana de Silgar e conta cun aparcadoiro público a 180 metros.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
O establecemento está situado no centro desa explosión de vida e lecer elegante que invade Sanxenxo durante o período estival. O paseo polas inmediacións permite coñecer a praia de Silgar e o propio porto deportivo, que non deixa indiferente a ninguén. Nas proximidades, a 20 minutos en coche, atópase o mosteiro de Armenteira, do que parte unha fermosa ruta de sendeirismo moi ben sinalizada, ademais de varias adegas da denominación de orixe Rías Baixas, xa na parte baixa do territorio.