O Restaurante O Coto abriu as súas portas no ano 2008, na céntrica rúa de Reza, en Ourense. Este establecemento é un espazo consagrado aos mellores peixes e carnes que, pola súa calidade, converteuse nun referente na cidade.
A cociña do Coto ofrece o mellor da tradición da gastronomía galega, cunha aposta clara pola excelencia no servizo e no produto. Dispón dunha ampla variedade de tapas e petiscos, ademais da capacidade de organizar banquetes e celebracións.
O restaurante, que conta co certificado Q de Calidade Turística, ofrece unha ampla selección de viños, con atención coidada ás denominacións de orixe galegas.