RESTAURANTE EL REFUGIO

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas

O Restaurante El Refugio abriu as súas portas fai mais de corenta anos. Situado no centro de Santa Maria de Oleiros (A Coruña), cun proxecto culinario baseado na calidade dos produtos da terra e do mar, poñéndoos en valor, onde deben ser os protagonistas.

Rexentado desde o inicio por Alfredo Castrelo e Ricardo Gonzalez, o local cambiou, cunha reforma en 1987, a súa caracteristica terraza por unha cuberta acristalada onde a luz natural que accede á sala. Ademais, colgan das súas paredes os cadros de pintores galego acompañados das madeiras nobres e cálida iluminacion. 

A variada carta ofrece diferentes opcións de peixes que se adquiren na poxa na lonxa da Coruña asi como mariscos. Destaca a Adega onde se poden degustar ata máis de oitocentas referencias de viños, tanto nacionais como internacionais, tendo un lugar destacado as denominacións de orixe galegas. 

A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).

A vila de Oleiros conta cunha grande riqueza natural e paisaxística entre a que destaca o ‘‘Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes’’, espacio protexido recoñecido como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) onde poder gozar da bravura do mar rompendo en impresionantes cantís. Na ‘‘Aula do Mar’’, antiga casa do fareiro hoxe convertida nun centro de interpretación, podemos atopar unha exposición interpretativa dos valores naturais que posúe.

E nada mellor para complementar esta proposta que un restaurante como ‘El Refugio’, que conta cunha traxectoria de case catro décadas e unha carta que non deixa indiferente a ninguén pola calidade dos seus produtos e a innovación nas receitas que propón aos seus comensais. Unha adega con máis de 800 referencias de todo o mundo é o complemento final para unha experiencia gastronómica perfecta.