RESTAURANTE MAR DIVINO ASADOR

Información xeral
Servizos
Contorna
Situado no paseo de Silgar en Sanxenxo, o Restaurante Mardivino ofrece as mellores carnes, mariscos e pescados de tempada, realzando o seu sabor á brasa. Ubicado nunha casa rústica axardinada, ofrece unhas vistas espectaculares á praia dende a súa ampla terraza. Os seus amplos e luminosos salóns, dispoñibles para banquetes, celebracións familiares e festas infantís, contan cunha decoración actual e todas as comodidades para o visitante. O Restaurante Mardivino conta co diploma ao Compromiso de Calidade Turística do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
Fronte á mítica praia Silgar en Sanxenxo, destino de vacacións privilexiado das Rías Baixas galegas, na que a oferta de lecer e diversión abrangue todas as posibilidades, o Restaurante ‘Mar Divino’ representa unha proposta estética innovadora, á altura dos máis salientables restaurantes das principais guías de viaxes. Cunha ampla terraza e un salón para 80 persoas, dispón tamén dun salón privado. Todas as referencias nos principais portais falan do trato amable e atento do persoal e, sobre todo, das posibilidades que ofrecen as súas propostas gastronómicas e da selección da súa adega na que se atopan os principais viños das DO galegas e españolas.
Mardivino Logo