RESTAURANTE O FERRO

Información xeral
Servizos
Contorna
A historia de Ferro remóntase a 20 anos atrás, cun local no centro de Santiago de Compostela, unha recoñecida xamonería e tapería que no ano 2009 trasladouse a unha zona residencial de nova construción moi próxima ao Hospital Clinico Universitario.
Estes últimos 5 anos foron da man do restaurador José Antonio Brenlla que ampliou e renovou a carta dun máis que consolidado restaurante.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
No ano 2009 trasladouse a unha zona residencial de nova construción moi próxima ao Hospital Clinico Universitario.

Rúa de Sempre en Galiza, 1, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña

Teléfono: 981 59 23 99