O GRELO RESTAURANTE

Información xeral
Servizos
Contorna
O Restaurante O Grelo é unha referencia da gastronomía de Monforte de Lemos (Lugo). Situado na zona monumental da cidade nun edificio tipo fortaleza medieval, conta cunha preciosa adega escavada na roca natural, cunha temperatura natual constante de 13º. Dispón de catro comedores de distintas capacidades, decorados con sinxeleza e elegancia, acorde coa historia do edificio, que lle confire un ambiente acolledor. A cociña caracterízase pola aposta polos produtos galegos, cunha exquisita selección das materias primas, que aposta por elaboracións tradicionais, con cocciones suaves e lixeiras. En tempada de caza, sobresaen as preparacións de paspallás, pato ou faisán. A adega ten máis de 200 referencias de todas as denominacións de orixe de España, con especial atención aos viños da Ribeira Sacra, entre os que destaca Don Bernardino, que se presenta como o viño da casa.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
A vila de Monforte atesoura grandes restos da Historia de Galicia, como dan mostra os complexos monumentais que nela se erguen. Situada no sur de Lugo, presenta un núcleo urbano cun forte contido histórico, que dá lugar a un dos conxuntos monumentais máis representativos de Galicia. Destaca o Castelo de San Vicente, convertido recentemente en Parador Nacional de Turismo, a fachada neoclásica do Mosteiro de San Vicente do Piñeiro, o Pazo dos Condes de Lemos e a Torre da Homenaxe, desde onde se contempla unha ampla panorámica da zona. Outros monumentos son a Ponte Medieval, o Museo de Arte Sacra do Convento das Clarisas e o seu símbolo máis representativo: o Colexio da nosa Señora da Antiga, de estilo herreriano, coñecido popularmente como "O Escorial Galego". O restaurante ‘‘O Grelo’’ coida de forma exquisita a selección da materia prima, á que aplica unha cocción suave no seu punto. O complemento das súas receitas son as súas salsas tradicionais e lixeiras. A carta está dividida en cinco apartados, entrantes fríos, entrantes quentes, peixe fresco, carnes e aves.