RESTAURANTE PAPRICA

Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O equipo do Restaurante Paprica, liderado polo chef Álvaro Villasante, é dinámico e aprende facendo, viaxando e colaborando. A súa cociña baséase na innovación e no equilibrio entre cociña tradicional e moderna. O produto de calidade é o protagonista no Paprica, con especial atención aos produtos ecolóxicos e de proximidade, cos que elaboran os seus creativos pratos marcados polas estacións do ano e os produtos locais de calidade. Desde a súa apertura no 2007 acadaron xa varios recoñecementos, entre os que destacan a Q de Calidade Turística (primeiro restaurante en obter esta distinción en Lugo) e a mención que renovan anualmente na Guía  Michelín.
No Restaurante Paprica serven os pratos da súa Carta, o Menú  Express e a Degustación  Express. Nas súas instalacións tamén poderás gozar da súa terraza. O espazo dedicado ao restaurante é unha sala acolledora con decoración minimalista na que aproveitan para poder expoñer de forma frecuente obras de artistas locais. Carta/Tarifas:
O Restaurante Paprica atópase dentro da Muralla lucense en pleno casco histórico da cidade.