Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
O Hotel Talaso Louxo La Toja atópase nun dos espazos naturais máis fermosos de Galicia, privilexiadamente situado sobre a ría de Arousa. O hotel conta con 116 cuartos, todos eles climatizados, con impresionantes vistas ao mar, conexión Wi-Fi gratuíta, TV vía satélite, minibar e caixa forte. Os cuartos de baño están equipados con secador de pelo e artigos de toucador.
Dentro das súas instalacións o hotel conta cunha piscina exterior de auga salgada e cun balneario de auga de mar onde se pode gozar de baños turcos, sauna e ximnasio, ademais dunha ampla gama de tratamentos de beleza e de benestar. Nos dous restaurantes situados nos xardíns do hotel, o Rías Gallegas e La Garza, pódense degustar magníficos pratos da gastronomía galega.
Tamén conta con salóns privados cunha capacidade de ata 450 persoas para a celebración de convencións e incentivos. Moi cerca do hotel atópase o Casino da Toxa e dous campos de golf, o da Illa da Toxa e o campo de golf de Meis.
O establecemento conta cunhas características que lle confire un valor engadido e diferencial do turismo estándar.
Está situado na illa da Toxa, sen ningunha dúbida a máis famosa de Galicia xunto coas Cíes, e a súa contorna é variada. Por unha banda, están as urbanizacións e os servizos turísticos, un conxunto de edificacións que caracterizan a illa e no medio das cales se atopa o hotel. E por outra banda, no centro e ao norte da propia illa, hai unha zona boscosa e chalés arredor. Cara ao oeste, está a única ponte que a une ao continente e que data de principios do século XX. Ao leste, a costa de Cambados. E ao sur, unha enorme zona entre mareas que está protexida porque é lugar de paso de miles de aves. Todo un espectáculo.