Información xeral
Servizos
Contorna
Rutas
Tamarindo Casa Cociña e Patio Bar naceu coa idea de desenvolver un espazo gastronómico na cidade de Ourense caracterizado pola innovación e a distinción. Con vocación de achegar algo diferente, divertido, actual, adaptado a todos os gustos, ofrece un lugar inspirado para espertar todos os sentidos, con prezos alcanzables e con produtos de calidade.
Tamarindo é un espazo multifuncional. Por unha banda, o Patio-Bar é a súa área principal, na que poden degustarse almorzos, aperitivos, doces e merendas, ademais dunha ampla gama de viños e de bebidas espirituosas creadas de maneira exquisita polo persoal para espertar sensacións no cliente.
A Casa Cociña, pola súa banda, é un espazo no que se poderá saborear as suculentas creacións que ofrece a carta, chea de frescura e tendencia baixo un concepto gastronómico que se actualiza de forma periódica, para conseguir que produtos da terra trasladen por diferentes sabores do mundo.
Tamarindo Patio-Bar ofrece tamén unha ampla variedade de solucións a medida para satisfacer as necesidades dos clientes coa total garantía de calidade. Desde caterings, aniversarios, pre-vodas, despedidas de solteiro/a, celebracións ou reunións familiares, eventos privados, etc.
A oferta gastronómica conta cunha proporción significativa de pratos galegos con inclusións nos mesmos de materias de orixe galega certificada (DOPs e IXPs Galegas, Galicia Calidade, Pesca de Rías, ou outras certificacións equivalentes).
No centro neurálxico de Ourense, na Praza Maior, o Bar Tamarindo recibe o visitante cunha zona monumental impresionante e unha carta na que se combina a gastronomía tradicional coa innovación de novas propostas culinarias. A capital das Burgas posúe unha das mellores ofertas de lecer e cultura de Galicia, que a converteron nun referente turístico de primeira orde. Nada mellor que a terraza do ‘Bar Tamarindo’ para reponer forzas e mesturarse co ambiente amigable que se respira na capital ourensá.