A plataforma ‘Lecer’, dependente de Galicia Calidade, informa dos gañadores e gañadoras do concurso de fotografía nas redes sociais que puxo en marcha neste mes de agosto entre os clientes dos seus establecementos, co obxectivo de impulsar e dar visibilidade á súa oferta de ocio, restauración e hostalaría. No concurso, que se desenvolveu na rede social Facebook entre […]
A plataforma ‘Lecer’, dependente de Galicia Calidade, informa dos gañadores e gañadoras do concurso de fotografía nas redes sociais que puxo en marcha neste mes de agosto entre os clientes dos seus establecementos, co obxectivo de impulsar e dar visibilidade á súa oferta de ocio, restauración e hostalaría.
No concurso, que se desenvolveu na rede social Facebook entre o 27 de xullo e o 11 de agosto, os usuarios subiron unha foto realizada en calquera dos establecementos Galicia Calidade ‘Lecer’ (indicando de que establecemento se trata) e comparona cos seus amigos para conseguir o maior número de votos posible.
Os premios serán os seguintes:
- 1º premio (Noite para 2 persoas en establ. Galicia Calidade)
Conchi González (foto A Mirandilla) - 2º premio (Menú para 2 persoas en establ. Galicia Calidade)
Ainhoa Viñuela Don (foto Tamarindo) - 3º premio (Xamón)
Consuelo Joglar Rodríguez (foto A Mirandilla) - 4º premio (Estoxo viños)
Rosmi Le (foto Pazo do Río)