TAMARINDO CASA COCINA

Tamarindo Casa Cociña e Patio Bar naceu coa idea de desenvolver un espazo gastronómico na cidade de Ourense caracterizado pola innovación e a distinción. Con vocación de achegar algo diferente, divertido, actual, adaptado a todos os gustos, ofrece un lugar inspirado para espertar todos os sentidos, con prezos alcanzables e con produtos de calidade.

RESTAURANTE EL COTO

O Restaurante O Coto abriu as súas portas no ano 2008, na céntrica rúa de Reza, en Ourense. Este establecemento é un espazo consagrado  aos mellores peixes e carnes que, pola súa calidade, converteuse nun referente na cidade.

A TABERNA RESTAURANTE

A Taberna Restaurante está situado á entrada do centro histórico de Ourense, nunha antiga casa restaurada, preto do Xardín do Posío. Ofrece aos seus clientes unha cociña caseira, tradicional e galega, aproveitando as boas materias primas, frescas e de tempada.