Do 30 de maio ao 1 de xuño daranse cita profesionais e expertos en dous días completos de mesas de debate e relatorios que darán o contido profesional a este congreso. As xornadas centraranse en profundar na contorna actual, xa inmersos no século XXI, tanto do turismo coma do resto de actividades económicas do noso […]
Do 30 de maio ao 1 de xuño daranse cita profesionais e expertos en dous días completos de mesas de debate e relatorios que darán o contido profesional a este congreso. As xornadas centraranse en profundar na contorna actual, xa inmersos no século XXI, tanto do turismo coma do resto de actividades económicas do noso país. O Congreso tratará de dar resposta a aspectos máis motivacionais, de desenvolvemento de produto e de comprensión e adaptación ao cliente. Durante a celebración do encontro anual farase entrega, ademais, dos Premios a la Responsabilidad Social Corporativa Hotelera, unha iniciativa de Fundación InterMundial, que, xunto a Tourism&Law e a CEHAT, premia os hoteis que realizan accións encamiñadas á mellora do seu contorno social, económico e ambiental, entendendo o turismo non só como motor económico, senón tamén como motor de benestar social. E é que, cada vez, un maior número de empresas están concienciadas en temas como a protección ao medioambiente, a accesibilidade ou a igualdade de xénero, que poden axudar a concienciar a outros a unirse ás prácticas sustentables e a aumentar a súa competitividade a través dunha política de Responsabilidade Social Corporativa.