Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, Turismo de Galicia en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, as delegacións da Xunta de Galicia na Coruña e Ourense, así como as Consellerías de Medio Rural e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e coa colaboración do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia […]
Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, Turismo de Galicia en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, as delegacións da Xunta de Galicia na Coruña e Ourense, así como as Consellerías de Medio Rural e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e coa colaboración do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia organiza Xornadas de sensibilización sobre os licores e augardentes para alumnos e profesionais do sector turístico.
A iniciativa, que ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes, celebrarase ao longo de tres xornadas en Santiago, A Coruña e Ourense co obxectivo é concienciar ao sector turístico de Galicia sobre a importancia de degustar bebidas espirituosas certificadas e con etiqueta, evitando o consumo dun produto “disfrazado”, non regulado, ao tempo en que se incide na importancia de pór en valor as augardentes e licores galegos, que demostran unha gran versatilidade tanto na cociña como o coctelería, como poderán comprobar os participantes nas xornadas, que ao longo dunha hora e media aproximadamente participarán nunha cata comentada dos produtos amparados así como unha demostración de coctelería e de cociña.
Para todos aqueles interesados, é necesaria previa inscrición no correo electrónico secretaria.turismo@xunta.gal ou no teléfonos: 981 546 351/ 981 546 352.