O Augusta Spa Resort de Sanxenxo anuncia a súa (re)evolución natural ata transformarse no renovado Augusta Eco Wellness Resort no comezo dunha nova e ilusionante etapa. Esta nova etapa inclúe a aposta reforzada pola cultura do benestar e a saúde nunha contorna sostible. Contan con máis de 17.500 m2 dedicados de maneira total ao relax […]
O Augusta Spa Resort de Sanxenxo anuncia a súa (re)evolución natural ata transformarse no renovado Augusta Eco Wellness Resort no comezo dunha nova e ilusionante etapa.
Esta nova etapa inclúe a aposta reforzada pola cultura do benestar e a saúde nunha contorna sostible. Contan con máis de 17.500 m2 dedicados de maneira total ao relax e goce da cultura da auga e a inmensa saúde e benestar que esta proporciona, en pleno corazón das Rías Baixas.
Desde o complexo hostaleiro fan unha reflexión acerca dos duros meses pasados e o ilusionante futuro que chega, sinalando que “chegan días de luz, de deixar o túnel atrás, de renderse ao verán e mudar a pel. Volvemos mellores e, sobre todo, volvemos entendendo que o que dabamos por feito, o que nos parecía normal, é realmente extraordinario”.
En redes sociais, o establecemento integrado en Galicia Calidade Lecer agradece a implicación de todo o equipo, os clientes e amigos. Compañeiros de viaxe sen os cales chegar ata aquí non sería posible.