A Axencia Turismo de Galicia publica as axudas para a certificación e renovación da marca Q de Calidade Turística

A Axencia Turismo de Galicia publica as bases reguladoras para a concesión das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE que conduzan á obtención […]

Presentación da XVI Edicion do Festival de Cans

Porriño acolle unha nova edición do archi-coñecido “Festival de Cans”, o evento de curtametraxes que se celebra cada ano. O festival céntrase nas curtametraxes de produción galega, aínda que cada ano faise máis internacional. Así, ademais dos 15 curtos galegos que se exhibirán clasificados en “Ficción e Animación”, mostraranse outras pezas producidas en diferentes partes […]

Os establecementos de Galicia Calidade Lecer analizan nunha xornada de traballo os retos comúns e a estratexia de promoción do colectivo Lecer

Galicia Calidade celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada de traballo cos establecementos integrados en Galicia Calidade Lecer para analizar a estratexia a desenvolver no 2019 en materia de planificación de accións de dinamización e difusión da marca así como da promoción dos establecementos asociados. Os participantes coñeceron da man do equipo coordinador do […]

Showcooking con produtos Galicia Calidade na tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores a cargo de Héctor López, do Restaurante España

A tenda Pop Up Galicia, Saberes e Sabores acolleu onte en Madrid un showcooking con produtos Galicia Calidade a cargo de Héctor López, un dos máximos expoñentes da cocina lucense e xefe de cociña do Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade que conta con dous Soles Repsol. As propostas gastronómicas de Héctor López […]

Galicia Calidade colabora na nova edición da tenda Pop Up Galicia, Saberes y Sabores, que regresa hoxe a Madrid para presentar o mellor da artesanía e gastronomía galegas

A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza esta Semana Santa en Madrid a terceira edición da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara (Hortaleza, 87) entre o 12 e o 21 de abril. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas […]

Galicia conta cos mellores tiradores de cervexa de España 2019

Esta mañá, no marco do 33 Salón Gourmets de Madrid, celebrouse a Final do VI Campionato Nacional Estrella Galicia de Tiraxe de Cervexa, no que 15 hostaleiros de toda España competiron por alzarse co título de mellor tirador de cervexa de España. O hostaleiro que se alzou co título ao mellor tirador de cervexa de […]

Héctor López do Restaurante España dirixirá unha masterclass no Salón Gourmets

O 33 Salón  Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, volve abrir as súas portas do 8 ao 11 de abril en Madrid. Trátase da maior mostra adicada aos produtos delicatessen de Europa, un escaparate de vangarda que se converteu na cita imprescindible para os profesionais do sector agroalimentario. O Restaurante España (Lugo), establecemento certificado por Galicia Calidade participará […]

Galicia mellora no ránking de competitividade turística elaborado por Exceltur

A nova edición de MONITUR 2018, o informe que valora e establece un ránking de competitividade turística relativa ás 17 Comunidades Autónomas, referido ao período 2014/2018, sitúa a Galicia no posto número 9 do ranking nacional, subindo unha posición desde a publicación do último estudo. Pais Vasco lidera este ránking grazas aos seus bos resultados […]

Ás 205 empresas galegas que xa contaban con este distintivo, súmanse agora outras 77

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou o pasado venres ao sector turístico galego cuxas 282 Q de Calidade acreditan, dixo, a súa permanente expansión e renovación. Durante o acto de entrega dos diplomas Q de Calidade Turística 2018, Feijóo destacou o éxito patente no récord de certificacións que sitúan á Comunidade galega como […]

Restaurantes de Galicia Calidade Lecer únense á celebración do #CocidoDay

O #CocidoDay ou Día Internacional do Cocido é un evento gastronómico que persegue que centos de persoas senten o mesmo día á mesa para gozar dun bo cocido e compartilo en redes sociais. A cita é o vindeiro sábado 23 de marzo. Na edición deste ano participarán máis de 150 restaurantes de 8 países, entre […]

Laura Martínez, da Bodeguilla de Santa Marta de Santiago, resultou premiada con un dos accésits e participará no certame a nivel nacional que terá lugar en abril en Madrid

Esta mañá celebrouse o Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia na caseta da marca cervexeira no Fórum Gastronómico da Coruña. Un total de 10 aspirantes chegados de diversos puntos da comunidade que se clasificaron previamente nos certames Galicia Norte e Sur enfrontáronse ao longo de diferentes roldas para alzarse co título de mellor […]

A Guía Repsol 2019 recoñece a dez restaurantes de Galicia Calidade Lecer

A nova edición da Guía Repsol 2019 recoñece en total a dez restaurantes de Galicia Calidade Lecer. Tres deles están distinguidos con dous Soles: o restaurante Yayo Daporta en Cambados, o Restaurante España de Lugo e o restaurante Bido de A Coruña. Pola súa banda, o Restaurante El Refugio de Oleiros e A Taberna de […]

O restaurante A Mirandilla de Rinlo, distinguido en Xantar co Plato de Ouro

O restaurante A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo), establecemento certificado por Galicia Calidade, foi distinguido co Plato de Ouro de Radio Turismo no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou o pasado fin de semana en Ourense. A Mirandilla é un restaurante con máis de dez anos de historia no que se combina a […]

Celebra o teu evento no Restaurante O Barazal

Descubre os espazos que che ofrece o restaurante, os seus espléndidos xardíns ou os seus salóns interiores decorados con cariño e coidados ao detalle. Contarás cunha decoración que se adapta aos teus gustos e necesidades, ademais de contar cos produtos frescos e de calidade nos fogóns de sempre, pero con toques modernos. Déixate conquistar polos […]

Noites de terraza no Restaurante Nito

Reláxate e goza das últimas noites de agosto na terraza do Restaurante Nito, en Viveiro. Desfruta do son das ondas mentres degustas as exquisitas receitas que che ofrece na súa carta!  

Descubre os restaurantes do Grupo Lecer que están na Guía Repsol onde poderás probar os seus menús degustación por menos de 45 euros.

Restaurante España: situado na Rúa Teatro de Lugo, ofrece unha cociña actual nun local que acaban de remodelar. Ademais das súas múltiples opcións de carta, que inclúe carne de boi criado nas leiras de Recelle, o restaurante ofrece un menú degustación que pode probarse por 45 euros (bebidas non incluídas).   Restaurante A Taberna: situado […]

Menú especial "Noite de meigas" no Hotel Alfonso IX

Descubre o menú especial que está a preparar o Hotel Alfonso IX en Sarria para o día 25, unha noite de meigas! Fai a túa reserva no teléfono 982 53 00 05, no email info@alfonsoix.com ou na páxina web www.alfonsoix.com

Goza dos espazos naturais de Pontedeume

Se decidiches aloxarte na Cantina Río Covés, en Pontedeume, goza de todas as opcións que che ofrecen en canto a espazos naturais e lugares secretos de Galicia. Desfruta da natureza, reláxate e desconecta nas túas vacacións!

Habitacións libres no Hotel Bosque Mar a partir do 20 de agosto

Para todos aqueles que aínda non reservasen as súas vacacións e queiran gozar de Galicia, no Hotel Bosque Mar, no Grove, teñen habitacións libres a partir do 20 de agosto para que poidan desfrutar das Rías Baixas. Reserva na web do hotel e terás un 5% de desconto adicional! https://bosquemar.com

Oferta de emprego do Mesón a Cepa

Hoxe compartimos convosco unha oferta de emprego, neste caso do Mesón a Cepa. Todos aqueles que esteades interesados a que esperades para enviar o voso curriculum? curriculum@mesonacepa.com

Segundo o portal escapadarural.com, Galicia, Extremadura e Murcia destacan pola oferta destinada ao turismo petfriendly

Cada vez en maior medida os aloxamentos de turismo rural oriéntanse a ofrecer aos viaxeiros opcións para que poidan viaxar coa súa mascota. Segundo un informe do portal especializado EscapadaRural.com, o 40% dos aloxamentos rurais ofertados neste portal orientáronse cara a clientes con mascotas. Entre eles destaca especialmente a oferta de Extremadura, Galicia e Murcia, […]

Convocada unha nova edición dos Premios Alimentos de España

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou unha nova edición dos Premios Alimentos de España —neste caso 2018—, uns galardóns que queren recoñecer o traballo de empresas e profesionais que se distinguiron por producir, elaborar, distribuír e ofrecer aos consumidor alimentos de calidade. Nesta edición 2018, a convocatoria contempla as modalidades de Industria alimentaria, […]

A EFSA lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox

A EFSA (Axencia de Seguridade Alimentaria da Unión Europea) lanzou a primeira actualización da base de datos OpenFoodTox, ferramenta coa que as axencias reguladoras, investigadores e consumidores poden acceder a todo tipo de información relacionada cos riscos químicos presentes nos alimentos destinados ao consumo humano e animal. Agora, esta base de datos ofrece información sobre […]

Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer

Estás a pensar onde celebrar o teu xantar ou cea de empresa, en familia ou cos teus amigos? Coñece todos os restaurantes do Grupo Lecer, certificados polo noso selo de calidade, e elixe o que mellor se adapte a ti! https://www.galiciacalidadelecer.gal/cat/restaurantes-gl/

XV Festa do Percebe en Rinlo

Se es amante do marisco, non esquezas a XV Festa do Percebe o vindeiro 4 de agosto, organizada pola Confraría de Mariscadores de Rinlo!

Ceas espectaculares no Asador Vacavella

Elixe entre as diferentes propostas á grella que che ofrece o Asador Vacavella e degusta coa túa parella, en familia ou cos teus amigos unha cea espectacular! Chama e reserva! 981 88 39 02

O Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura hoxe as “Noites da Garza”

Esta noite o Talaso Hotel Louxo La Toja inaugura as “Noites da Garza”, sobre as 22.30 h dará comezo a actuación de The Soulbreakers, e, como suxestión,  propoñen a todos os seus clientes gozar do Cocktail Tropicana, rodeados dun ambiente inmellorable! Reláxate e goza das noites de verán no Talaso Hotel Louxo La Toja!

Emilio Butragueño visita o Restaurante A Taberna

O Restaurante A Taberna, situado en Ourense, recibiu hai uns días o ex futbolista Emilio Butragueño, quen puido gozar das receitas tradicionais galegas, sempre elaboradas con materias primas de calidade, frescas e de tempada.

Horarios do Bar Tamarindo para xullo e agosto

Dende o Bar Tamarindo lembran aos seus clientes que durante os meses de xullo e agosto a súa cociña permanecerá pechada os domingos por descanso do persoal. Pero para gozar dun bo vermouth e dunhas cervexas frescas, estarán esperando por ti coma sempre!  

Parabéns a Carlos Martínez, propietario do Restaurante El Coto

Parabéns a Carlos Martínez, propietario do Restaurante El Coto, polo recoñecemento recibido como membro da asociación europea de cociñeiros Euro-toques. Desde Galicia Calidade sentímonos orgullosos dos logros conseguidos polos nosos establecementos certificados!

Parabéns ao Restaurante España

Parabéns ao Restaurante España polo premio á Excelencia Turística 2018, outorgado pola Revista Executivos, no Círculo de Empresarios de Galicia. Orgullosos dos establecementos que forman parte do Grupo Lecer e están certificados polo noso selo de calidade.  

Estás a pensar en regalar algo especial?

Aínda non coñeces as caixas agasallo que che ofrece O Rincón da Baiúca? Goza de aloxamento para dúas persoas, almorzo buffet, detalle de benvida e menú degustación. A que esperas para facerte cunha delas?

Oferta de emprego no Hotel Spa Nanín

Hoxe compartimos convosco outra oferta de emprego, neste caso do Hotel Spa Nanín. Todos aqueles que esteades interesados a qué esperades para enviar o voso currículum?  empleo@nanin.com 

Menú de mercado no restaurante O Curro da Parra

Consulta todas as semanas o menú de mercado que che ofrece o restaurante O Curro da Parra na súa páxina web. Se estás en Santiago, non dubides en visitalo e gozar da gastronomía galega cun toque moderno! https://www.ocurrodaparra.com/

Goza dos almorzos caseiros do Hotel Rotilio

Degusta dos almorzos caseiros que che ofrece o Hotel Rotilio, onde poderás probar unha variedade tanto de propostas doces coma de salgadas, todo iso preparado con agarimo e esmero. A que esperas, reserva as túas vacacións e reláxate en Sanxenxo!

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no II Congreso Mundial de Destinos Intelixentes

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, incidiu en que dende o Ministerio se quere impulsar unha Estratexia Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes que promova que “os destinos se configuren como espazos turísticos innovadores consolidados sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio turístico”. Esa infraestrutura debe, ademais, […]

Parabéns ao Bar Berberecho

Parabéns ao Bar Berberecho polo premio recibido na categoría de Restauración, de Sanxenxo Calidade Turística 2018, e polo distintivo de Compromiso de Calidade Turística.

O Restaurante O Grelo como referencia gastronómica en The Guardian

Descubre o artigo que publicou recentemente o diario The Guardian sobre hoteis, restaurantes e adegas galegas onde aparece tamén como referencia gastronómica o Restaurante O Grelo, en Monforte de Lemos. Non o perdas! https://www.theguardian.com/travel/2018/jun/23/holiday-guide-inland-galicia-ribeira-sacra-spain-hotels-restaurants-vineyards?CMP=share_btn_wa

Aínda non decidiches onde realizar o teu evento?

Coñece todas as posibilidades que che ofrece La Postrería en Coruña e goza de receitas e pratos exquisitos. Podes descargar os menús dende a súa páxina web: http://postreria.com/es/eventos A que esperas?

Oferta de emprego no Hotel Ego

Se queres traballar este verán e cres que podes encaixar no perfil, o Hotel Ego ten aberto un proceso de selección de camareiras de pisos. Todos aqueles interesados poden enviar o seu CV a: administracion@hotelego.es

Parabéns ao Bar Tamarindo polo galardón á "Mellor Taberna-Bar de Viños!

O Monasterio de San Clodio, na provincia de Ourense, acolleu a entrega dos Premios D.O. Ribeiro. Entre os asistentes estiveron presentes autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandería, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, ou o director […]

Estás a buscar hoteis en Galicia onde poidas aloxarte coa túa mascota?

No hotel Augusta Spa Resort admítense mascotas. Aceptan dous animais de compañía por habitación, e o cargo adicional por aloxarse con mascotas é de 10 euros a noite. Eles dispoñerán de cama especial acolchada, ósos e teñen ata parque de bólas! Fai a túa reserva! http://augustasparesort.com/

Descontos no Hotel Bosque Mar!

Se aínda non reservaches as túas vacacións, atento á proposta que che ofrece o Hotel Bosque Mar! As 10 primeiras reservas gozarán dun desconto exclusivo á hora de reservar habitación, para estancias entre o 8 e o 12 de xullo! A que esperas? https://bosquemar.com/oferta-especial-del-8-al-12-de-julio/