
Todos os clientes do Talaso Hotel Louxo La Toja poderán desfrutar durante os meses de xullo e agosto de actividades de balde e clases de ioga. A que esperas para apuntarte? Reláxate e goza desta experiencia!
Todos os clientes do Talaso Hotel Louxo La Toja poderán desfrutar durante os meses de xullo e agosto de actividades de balde e clases de ioga. A que esperas para apuntarte? Reláxate e goza desta experiencia!
O Restaurante A Taberna, situado en Ourense, recibiu hai uns días o ex futbolista Emilio Butragueño, quen puido gozar das receitas tradicionais galegas, sempre elaboradas con materias primas de calidade, frescas e de tempada.
Dende o Bar Tamarindo lembran aos seus clientes que durante os meses de xullo e agosto a súa cociña permanecerá pechada os domingos por descanso do persoal. Pero para gozar dun bo vermouth e dunhas cervexas frescas, estarán esperando por ti coma sempre!
Parabéns a Carlos Martínez, propietario do Restaurante El Coto, polo recoñecemento recibido como membro da asociación europea de cociñeiros Euro-toques. Desde Galicia Calidade sentímonos orgullosos dos logros conseguidos polos nosos establecementos certificados!
Aínda non coñeces as novas habitacións, estudos e apartamentos remodelados do Hotel Bosque Mar? Aquí deixámosche esta ligazón para que poidas botarlles unha ollada! Reserva as túas vacacións e goza de Galicia! https://bosquemar.com/las-habitaciones/
Parabéns ao Restaurante España polo premio á Excelencia Turística 2018, outorgado pola Revista Executivos, no Círculo de Empresarios de Galicia. Orgullosos dos establecementos que forman parte do Grupo Lecer e están certificados polo noso selo de calidade.
Aínda non coñeces os espazos que che ofrece A Carballeira Santa Cruz para realizar os teus eventos? Achégate, visítaos e déixate conquistar polas súas propostas!
Tes unha adega e necesitas un espazo onde presentar o teu viño? Queres organizar unha cata guiada? Infórmate e descubre todas as propostas que che ofrece o Bar Tamarindo!
O vindeiro día 16 de xullo, o Talaso Hotel Louxo La Toja propón aos seus clientes un exquisito menú elaborado específicamente para celebrar a Festa do Carmen no seu Restaurante Vendaval. A que esperas para reservar? Chama ao 986 730 200
O certame, organizado por Turismo de Galicia, finalizará cunha gala show-cooking na que se decidirá quen elabora as mellores tapas de Galicia. Os sete finalistas foron elixidos tras gañar os seus respectivos concursos locais e optarán ó Premio ao Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia e tamén ó galardón popular, que se decidirá tras a […]
Aínda non coñeces as caixas agasallo que che ofrece O Rincón da Baiúca? Goza de aloxamento para dúas persoas, almorzo buffet, detalle de benvida e menú degustación. A que esperas para facerte cunha delas?
Hoxe compartimos convosco outra oferta de emprego, neste caso do Hotel Spa Nanín. Todos aqueles que esteades interesados a qué esperades para enviar o voso currículum? empleo@nanin.com
Consulta todas as semanas o menú de mercado que che ofrece o restaurante O Curro da Parra na súa páxina web. Se estás en Santiago, non dubides en visitalo e gozar da gastronomía galega cun toque moderno! https://www.ocurrodaparra.com/
Os cociñeiros galegos do Grupo Nove, Iñaki Bretal, do restaurante O Eirado, Héctor López, do Restaurante España e a chef María Varela, do restaurante A Parada das Bestas, ofreceron showcookings a pasada fin de semana con motivo da celebración do VII Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia. Agolada foi o epicentro da artesanía […]
Se é así, deixamosche aquí esta oferta de emprego que ofrece o Bar Berberecho en Sanxenxo. Se cres que podes encaixar no perfil, non dubides en enviar o teu curriculum! berberechosanxenxo@gmail.com
Estás aloxado no Talaso Hotel Louxo La Toja? Se é así, é necesario que saibas que un ano máis volve estar dispoñible o “Grobus”, un autobús que facilita o acceso ás praias e aos locais de copas no Grove. O “Grobus” ten trece frecuencias e emprega uns 41 minutos en percorrer ao redor de 20 […]
Degusta dos almorzos caseiros que che ofrece o Hotel Rotilio, onde poderás probar unha variedade tanto de propostas doces coma de salgadas, todo iso preparado con agarimo e esmero. A que esperas, reserva as túas vacacións e reláxate en Sanxenxo!
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, incidiu en que dende o Ministerio se quere impulsar unha Estratexia Nacional de Destinos Turísticos Intelixentes que promova que “os destinos se configuren como espazos turísticos innovadores consolidados sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio turístico”. Esa infraestrutura debe, ademais, […]
Para conseguilo, o hotel conta con paneis solares que quentan a auga tanto das habitacións do hotel coma da súa zona de auga climatizada, tamén contan co Certificado 14001 de Medio Ambiente para servizos de hostalería, o que significa que no seu compromiso sustentable atópase a xestión de residuos a través da reciclaxe. Por outra […]
Parabéns ao Bar Berberecho polo premio recibido na categoría de Restauración, de Sanxenxo Calidade Turística 2018, e polo distintivo de Compromiso de Calidade Turística.
Hoxe, Héctor López, chef do Restaurante España, estará presente na Xornada da Cátedra do Pan e do Cereal, que terá lugar na Casa do Sabor, no Vicerreitorado do Campus de Lugo nunha mesa redonda de 19:00 a 19:30 h. Se estás interesado, non dubides en asistir!
Coida da túa pel este verán a través do tratamento “ SUMMERFACIAL” que che ofrece o Talaso Hotel Louxo La Toja e ademais poderás levar un pack de agasallo formado por un peeling de cuncha de ostra e un sérum osixenante.
Nestes momentos o Hotel Ego ten aberto un proceso de selección de candidatos para un posto de camareiro para almorzos. Se cres que podes encaixar no perfil, envía o teu CV a: administracion@hotelego.es A que esperas?
Segundo este informe, no que participaron 1.011 viaxeiros nacionais, máis da metade dos viaxeiros sabe xa o destino e o aloxamento que contratarán, entre os que o hotel segue sendo a tipoloxía favorita para os españois e seis de cada dez, ademais, teñen decidido o transporte e a duración das súas estancias. Na inmensa maioría […]
Descubre o artigo que publicou recentemente o diario The Guardian sobre hoteis, restaurantes e adegas galegas onde aparece tamén como referencia gastronómica o Restaurante O Grelo, en Monforte de Lemos. Non o perdas! https://www.theguardian.com/travel/2018/jun/23/holiday-guide-inland-galicia-ribeira-sacra-spain-hotels-restaurants-vineyards?CMP=share_btn_wa
Coñece todas as posibilidades que che ofrece La Postrería en Coruña e goza de receitas e pratos exquisitos. Podes descargar os menús dende a súa páxina web: http://postreria.com/es/eventos A que esperas?
Se queres traballar este verán e cres que podes encaixar no perfil, o Hotel Ego ten aberto un proceso de selección de camareiras de pisos. Todos aqueles interesados poden enviar o seu CV a: administracion@hotelego.es
O Monasterio de San Clodio, na provincia de Ourense, acolleu a entrega dos Premios D.O. Ribeiro. Entre os asistentes estiveron presentes autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandería, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, ou o director […]
No hotel Augusta Spa Resort admítense mascotas. Aceptan dous animais de compañía por habitación, e o cargo adicional por aloxarse con mascotas é de 10 euros a noite. Eles dispoñerán de cama especial acolchada, ósos e teñen ata parque de bólas! Fai a túa reserva! http://augustasparesort.com/
Durante a túa estancia, poderás degustar o menú de primavera que che propoñen e ademais, realizar unha visita a unha adega do baixo Miño. Fai a túa reserva no teléfono (+34) 986 621 187 ou no email info@abadiaeiras.es
Se aínda non reservaches as túas vacacións, atento á proposta que che ofrece o Hotel Bosque Mar! As 10 primeiras reservas gozarán dun desconto exclusivo á hora de reservar habitación, para estancias entre o 8 e o 12 de xullo! A que esperas? https://bosquemar.com/oferta-especial-del-8-al-12-de-julio/
Un ano máis o ShowRocking do Festival Port América estará formado por un nutrido grupo de chefs con ampla representación galega, entre eles Yayo Daporta, Iñaki Bretal (Restaurante O Eirado dá Leña), Xoan M. Crujeiras (Restaurante Bido) e Héctor López (Restaurante España) todos eles membros do grupo Nove e do grupo Lecer, certificados por Galicia […]
Estás en Santiago de Compostela e queres almorzar “rico rico”? Desfruta das propostas de almorzos que che ofrece o Pazo de Altamira e aproveita para coñecer de cerca o Mercado de Abastos da cidade, un lugar onde poderás atopar produtos frescos e de calidade.
Desfruta da praia e do sol en Sanxenxo e goza da gastronomía que che ofrecen algúns dos establecementos do Grupo Lecer, como o Bar Berberecho. Deixámosche aquí este artigo da Guía Conde Nast para que poidas botarlle unha ollada: http://www.traveler.es/naturaleza/articulos/que-hacer-en-sanxenxo-mejores-playas-hoteles-restaurantes/12781
Aproveita as propostas que pon á túa disposición o Asador Vacavella no seu menú do día, por un prezo de 10 €/persoa. (Os martes pecha por descanso).
Descárgaa e consigue descontos e agasallos! Poderás realizar os teus pedidos a domicilio, pagar dende a app… A que esperas? Só por descargala recibirás un agasallo!
O Mesón A Cepa tivo o pracer de contar coa presenza do escolta e capitán do Barcelona Lassa, Juan Carlos Navarro, quen puido degustar a gastronomía galega a través de receitas tradicionais elaboradas con produtos galegos de calidade.
Desfruta da privilexiada situación do Hotel Ego e reláxate durante a túa estancia coas súas marabillosas vistas. Xusto á entrada da ría de Viveiro, na desembocadura do río Landro, atoparedes o Hotel Ego. Se estás a pensar en relaxarte e desconectar gozando das vistas que che ofrece o hotel desde calquera das súas 45 habitacións, […]
O chef do Restaurante Bido, con estrela michelín, Xoan Manuel Crujeiras estará durante os días 4, 7 e 11 de agosto cociñando en Australia. Esta acción xorde a través do Grupo Tapavino que xunto a Miguel Angel Gonzalez, recoñecido somelier do noso país, compoñerán a excelente maridaxe para unha cea única. Os asistentes poderán degustar o […]
Unha gran fogueira te espera nun ambiente inmellorable na Illa da Toxa. Se aínda non tes plans e queres desfrutar do encanto desta noite tan máxica, fai a túa reserva no Talaso Hotel Louxo la Toja! A que esperas?
Aínda non tiveches tempo de pasar pola Bodeguilla de Santa Marta para ver os seus novos espazos? Deixámosche aquí algunhas imaxes da súa transformación tras unha semana de peche. Anímate e achégate a degustar un bo viño e as exquisitas receitas en Santiago de Compostela!
Estás a pensar en facer unha escapada co teu grupo de amigos ou coa túa familia? Se pensaches nas Rías Baixas, o Hotel Bosque Mar é unha das túas opcións! Deixámosche esta ligazón onde poderás ver as súas diferentes propostas e elixir a que mellor se adapte a ti! Tu hotel para grupos en Galicia, […]
Descubre as Caixas Agasallos que che ofrece o aloxamento rural O Rincón da Baiúca, en Muxía, e regálallas a quen ti prefiras. Poderás elixir entre varias opcións. A que esperas para experimentar o turismo rural?
Non deixes de ler este artigo da Guía Conde Nast onde aparece o Hotel Rotilio en Sanxenxo como destino de vacacións xunto a outros hoteis que tamén forman parte do Grupo Lecer, certificados por Galicia Calidade. Se aínda non decidiches onde pasar o verán, a que esperas para elixir esta excelente proposta? http://www.traveler.es/naturaleza/articulos/que-hacer-en-sanxenxo-mejores-playas-hoteles-restaurantes/12781
Desfruta dunha estancia inesquecible no Hotel Monumento Pazo do Río e aproveita as promocións que che ofrece para que poidas compartilas en parella, en familia ou cos amigos. Poderás elixir promocións de fin de semana ou reservar as túas vacacións para este verán nunha contorna incomparable, con servizos como piscina, sauna, ximnasio, pista de pádel, […]
Se estás na Coruña, non podes perder as súas exquisitas receitas, a súa combinación de sabores, todos os pratos da carta en formato reducido por tan só 11,5 €! A qué esperas para saborealos!
Outro dos establecementos pertencentes ao grupo Lecer, neste caso o Talaso Hotel Louxo La Toja, foi galardonado co Certificado de Excelencia de TripAdvisor, o comparador de prezos, hoteis, restaurantes, etc. Dende Galicia Calidade estamos orgullosos de que os nosos establecementos certificados pola súa calidade reciban premios coma este, xa que se deben ás opinión dos […]
Recentemente, o Restaurante El Coto, en Ourense, recibiu dous novos recoñecementos: O “Calpurnia” e o da “Irmandade dos vinhos galegos” Moitos parabéns!
Trátase dun novo evento gastronómico que porá en valor a cociña atlántica cun elenco de chefs e actividades que encherán os tres días que dura o festival. Entre eles, 12 chefs con Estrella Michelin de España e Portugal, ademais de charlas, música e actividades infantís, abrindo así o seu cartel a todos os públicos. O […]
Na zona do Paseo do Porto de Sanxenxo atoparás o Bar Berberecho, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade. Nel poderás atopar unha carta con receitas variadas, todas eles elaboradas con produtos frescos e de calidade, ademais de gozar dunhas vistas inmellorables ao mar. A que esperas?
Segundo un informe elaborado por Eurostars Hotels, a partir dun cuestionario realizado a nivel mundial entre os seus usuarios e que responderon máis de 3.000 clientes, os factores que máis valora o viaxeiro no hotel son gozar dun bo descanso e sentirse “como en casa”, coas facilidades que iso comporta; entre as que se inclúen dispor […]
A tempada de vodas dá comezo e dende o Restaurante O Grelo ofrécenche diferentes opcións para facer que o teu día sexa inesquecible. Non dubides en contactar con eles, pide información sen compromiso! Chama ao 982 40 47 01
O Hotel Bosque Mar recibiou o Certificado de Excelencia de TripAdvisor, debido ás opinións dos seus clientes e ás valoracións positivas tras a súa estancia no hotel ao longo do ano anterior. Entre os gañadores do Certificado de Excelencia atópanse atraccións, restaurantes e aloxamentos de todo o mundo que ofrecen aos seus clientes de maneira […]
Deixámosche aquí a ligazón do programa A Revista, da TVG, onde o Restaurante España, especialista neste tipo de carne, nos explica todo o que debemos saber sobre ela.A partir do minuto: 1:01:30 http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-3787508 Non o perdas!
O hotel está orgulloso de contribuír e achegar solucións ecolóxicas para frear os impactos nocivos sobre o noso planeta. Por este motivo, entre as súas apostas para contribuír ao coidado do medio ambiente está a instalación de cargadores eléctricos, e, entre eles, o hotel xa dispón dun Destiny Charger para vehículos TESLA!
Onte O Restaurante El Coto, en Ourense, tivo o pracer de contar coa presenza do pai Ángel, fundador da ONG Mensaxeiros da Paz, que desde 1962 axuda a nenos, mozos, drogodependentes, vítimas de violencia de xénero, inmigrantes e anciáns desamparados.
Dende a Bodeguilla de Santa Marta informan a todos os seus clientes do peche temporal do local, dende o día 11 ao 15 de xuño, debido á ampliación e acondicionamento do espazo que levarán a cabo. O día 16 abrirán de novo as súas portas para ofrecer á súa clientela un novo espazo e continuar […]
Aínda non probaches as edicións limitadas de sobremesas que elabora La Postrería? A que esperas para deixarte sorprender polos seus sabores e texturas?
Dende o hotel apostan polos produtos frescos, naturais e de tempada, para a elaboración dos seus pratos. Tanto é así que contan cunha horta ecolóxica da cal toman os froitos que dá a terra para incorporalos ás súas receitas e proporcionarlles aos seus clientes todas as propiedades e sabores únicos dos alimentos. Desfruta da gastronomía […]
Coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais, o Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá a abrir as súas portas entre o 7 e o 10 de xuño. O Clúster de Turismo de Galicia estará tamén presente cun posto propio. Tampouco faltará espazo para as festas galegas de interese turístico, que terán o seu propio […]
Nunha listaxe dos mellores restaurantes da provincia de Pontevedra elaborado por Guía Conde Nast Traveler, atópanse os restaurantes de Yayo Daporta, O Eirado da Leña e a Taberna de Rotilio. Se estás a pensar en desfrutar da gastronomía galega, déixate conquistar polas exquisitas receitas que che propoñen estes tres restaurantes pertencentes ao grupo Lecer e certificados polo […]
Segundo os datos achegados por Expedia, as cidades máis visitadas en Galicia no primeiro trimestre do 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Os visitantes destas tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que veñen a Galicia, o que é consistente coa preferencia polas […]
Comonacasa, o último establecemento certificado por Galicia Calidade e pertencente ao Grupo Lecer, xa conta co distintivo de Galicia Calidade na súa fachada. Este establecemento súmase a unha listaxe de máis de 40 entre restaurantes, aloxamentos rurais, hoteis e portos deportivos que ofrecen aos seus clientes produtos de proximidade, amparados por denominacións de orixe, indicacións […]
Por sexto ano consecutivo, TripAdvisor, o comparador de prezos, hoteis, restaurantes, etc recoñece ao Hotel Spa Nanín co Certificado de Excelencia. O devandito recoñecemento é debido ás opinións dos seus clientes e ás valoracións positivas tras a súa estancia no hotel ao longo do ano anterior. Entre os gañadores do Certificado de Excelencia atópanse atraccións, […]
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o proxecto Protura, dirixido a profesionais turísticos de Pontevedra e Castilla la Mancha que estean interesados en desenvolver o seu proxecto empresarial baixo os criterios do turismo sustentable ou formarse niso. A devandita formación levarase a cabo a través de formacións online ou semipresenciais co fin de informar, […]
O acto, celebrado na Fundación Luís Seoane, serviu para presentar esta innovadora chaqueta, así como para reunir nun só lugar a algúns dos cociñeiros de máis prestixio da nosa Comunidade. Trátase dunha vestimenta creada con materiais reciclados e que mostra unha gran resistencia á calor. Ademais, o seu tecido non se mancha e deixa que […]
O Mesón A Cepa, no Burgo, Culleredo, abriu recentemente un proceso de selección de persoal e está a buscar novos integrantes para o seu equipo! Se cres que podes encaixar nos perfís que ofrece, envía o teu currículo a curriculum@mesonacepa.com ou chama ao 981 663501 e solicita información sen compromiso!
O motor de procura de hoteis Gohotels.com, fundado en 1998, outorgou o “Premio ao Servizo Destacado” polos seus usuarios ao Hotel Augusta Spa Resort. Este premio distingue os mellores establecementos que logran obter puntuacións de excelencia nos seus servizos e instalacións. Se queres sorprender a túa parella e relaxarte utilizando os circuítos e tratamentos que ofrece o […]
Descubre as novas estancias renovadas que che ofrece o Hotel Spa Nanin e goza dunha estancia relaxada e das marabillosas vistas ao mar, desfrutando con toda a túa familia da ampla oferta de actividades que che ofrece o hotel. Se aínda non decidiches onde pasar as túas vacacións, a que esperas para reservar? http://nanin.com/
A nova Carta de Tratamentos que che ofrece o Talaso Hotel Louxo la Toja xa está dispoñible! Reláxate e goza das excelentes masaxes, marabillosos aromas e experimenta sensacións que farán que a túa estancia sexa inesquecible. A que esperas? https://www.louxolatoja.com/doc/carta-termal.pdf talaso@louxolatoja.com / 986730200
Se aínda non decidiches que tipo de habitación é a que mellor se adapta a ti e ás túas necesidades, o Hotel Bosque Mar ofréceche a posibilidade de realizar un paseo virtual para que poidas ver as distintas opcións que ofrece o hotel no referido a habitacións, estudios e apartamentos. Podes facelo a través desta […]
Déixate sorprender polas novas receitas e sabores elixidos polo Restaurante España no seu menú degustación e deléitate cos produtos de calidade utilizados na elaboración dos diferentes pratos que o compoñen.
SPALOPIA non é só unha páxina web, senón un movemento que busca que calquera persoa dispoña de todos os recursos ao seu alcance para levar unha vida saudable, relaxada e feliz. Así, seleccionou o Hotel Augusta Spa Resort como un dos mellores retreats do noso país. Se queres relaxarte, gozar do sol e de todos […]
Ata o 10 de xuño, todos os que se acheguen a Sanxenxo poderán degustar as tapas que ofrecen algúns restaurantes, bares e hoteis da localidade, entre os que se atopa o Hotel Rotilio. Para emitir o seu voto, o público deberá visitar polo menos cinco establecementos hostaleiros, podendo participar así nos sorteos e agasallos que […]
Dende un enclave privilexiado, Alejandro Balseiro, xerente do Restaurante Nito, pertencente ao grupo Lecer e certificado por Galicia Calidade, cóntanos neste artigo a súa visión da xestión do restaurante, así como a importancia de seleccionar un bo produto con calidade para ofrecer aos seus clientes o mellor.
Os días 25, 26 e 27 de maio nas Rías Baixas e no Ribeiro, e o 1, 2 e 3 de xuño en Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, poderás gozar de dúas fins de semana nas que se ofrecerán unha infinidade de actividades exclusivas ao redor da enogastronomía e a cultura do viño en Galicia. […]
O Talaso Hotel Louxo La Toja está a preparar para todos os seus clientes unha das noites máis máxicas de todo o ano: a noite de San Xoán. Se aínda non tes plans para pasar esta data, fai a túa reserva e déixate sorprender! Podes facelo a través da seguinte ligazón: www.louxolatoja.com
Do 30 de maio ao 1 de xuño daranse cita profesionais e expertos en dous días completos de mesas de debate e relatorios que darán o contido profesional a este congreso. As xornadas centraranse en profundar na contorna actual, xa inmersos no século XXI, tanto do turismo coma do resto de actividades económicas do noso […]
O verán cada vez está máis cerca e o bo tempo sorrí a Galicia! Por isto, dende o Hotel Augusta Spa Resort ofrecen aos seus clientes a posibilidade de degustar unha marabillosa cea ou de gozar de cócteles especialmente elaborados para refrescarse en noites calorosas, ademais de pasear polos seus xardíns mentres se deleitan coas […]
O Restaurante España e o Restaurante Nito son dúas das recomendacións que ofrece a Guía Conde Nast Traveler se decidiches visitar a provincia de Lugo. Ambos forman parte do Grupo Lecer, certificados por Galicia Calidade, e neles poderás atopar produtos de calidade para que poidas desfrutar dos sabores galegos a través das mellores receitas. A […]
O Hotel Alfonso IX en Sarria anima a todos os seus clientes a visitar a Necrópole de Santa Mariña, considerada como o xacemento funerario máis grande do norte da península, debido ao número de elementos que a conforman: túmulos funerarios, petróglifos, así como a diversidade tanto das súas dimensións como dos restos das antas visibles […]
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que o turismo rural está a liderar neste arranque do ano o crecemento turístico da Comunidade galega, cun incremento dun 45%. A celebración da Semana Santa no mes de marzo axudou de maneira significativa a este significativo aumento, pero non foi o único factor determinante. Así […]
O venres pasado foi presentada a cuarta edición da iniciativa Incitus, que apoia proxectos de hostalería cun modelo de negocio baseado na innovación e a creatividade. Os chefs con Estrela Michelin Pepe Solla e Yayo Daporta participaron na presentación do proxecto, realizada no restaurante Living Vigo, e empresas como Estrella Galicia, entre outras, serán colaboradoras […]
Se estás a pensar en realizar algún evento, anímate a coñecer todas as posibilidades que che ofrece o Hotel Monumento Pazo do Río! Ademais de dispoñer de todo tipo de servicios e salas, desfruta dunha contorna inmellorable que fará que a túa celebración sexa inesquecible. Se necesitas máis información, chama ao 981637512!
Atentos ao vídeo que realizaron os reporteiros de Hoteis con encanto ao Hotel Blue Coruña, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade. Podedes velo a partir do minuto 16:30. Non o perdades!
Onte tivo lugar o concurso GourmeTapa 1906, Campionato de España de Tapas para Gourmets, que busca recoñecer o talento dos cociñeiros que elaboren a mellor tapa que harmonice cunha das cervexas Estrella Galicia pertencente á gama 1906, a gama máis persoal de Hijos de Rivera. O chef Yayo Daporta, foi o presidente do xurado, integrado por […]
Onte abriu as súas portas unha nova edición do Salón de Gourmets, Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, que ata o xoves desta semana ofrecerá as mellores mostras delicatessen do mundo. Todos os que visiten a feira atoparanse con máis de 1.600 expositores, 40.000 produtos e 1.300 novidades que marcarán as tendencias culinarias de 2018. O […]
Coa chegada do sol e do bo tempo, o Mesón A Cepa inaugurou a súa terraza exterior para todos aqueles que desexen gozar dunha comida agradable, un vermú ou unhas cervezas con amigos ou familia… A que esperas para coñecela? Déixate conquistar por este espazo tan agradable!
Nestes momentos teñen aberto un proceso de selección de candidatos para desempñear o seu traballo no spa, na cociña, no restaurante, na sala, na recepción… Se cres que podes encaixar neste perfil, non dubides en enviar o teu CV a: rrhh@gruposolvidahoteles.com
A Guía Conde Nast Traveler inclúe o Restaurante A Mirandilla de Rinlo nunha listaxe cos 10 restaurantes que non te debes perder en Galicia! Restaurante, as súas cociñeiras e cociñeiros… con todo o que se lle pide a unha boa mesa: deseño, bo produto e mellor man na cociña. Non os perdas de vista… http://www.traveler.es/gastronomia/articulos/restaurantes-emergentes-galicia/12435
O programa Larpeiros da TVG escolleu ao Restaurante España para dar a coñecer a importancia da carne de boi galega, desde que comezan coa crianza dos animais ata que chega ao prato dos comensais. No vídeo poderedes ver os irmáns López e o seu pai, na leira de Portomarín, onde se crían os bois, e ademais cociñando […]
Se estás na Coruña e queres celebrar o Día da Nai, non perdas estes menús que che ofrece o Restaurante Finisterrae A Torre e o Restaurante Finisterrae Acuario. Chama, reserva e goza desta data especial!
Reserva a través da web e obtén un 25% de desconto para esta fin de semana no Hotel Spa Nanín. Ademais, poderás utilizar o SPA, recibirás bebidas de benvida, un bono regalo de 30 € e terás á túa disposición un garaxe cuberto! (Estancia mínima: 2 noites).
Se tes experiencia, capacidade para traballar en equipo, es unha persoa organizada na cociña, e tes titulación na Escola de Hostalería envía o teu currículo a administracion@hotelego.es A que esperas?
Quedan poucos días para a celebración do Día da Nai, unha data moi especial para render unha homenaxe e ter un detalle coa muller que nos trouxo ao mundo. Hoxe deixámosche dúas propostas, unha do Talaso Hotel Louxo La Toja e outra do Hotel Bosque Mar para que poidas sorprendela e gozar xunto a ela […]
O Restaurante O Grelo, en Monforte de Lemos, ofréceche as mellores receitas tradicionais galegas para que poidas desfrutar desta data tan importante. Reserva a túa mesa e chama ao 982 40 47 01.
Estás a buscar traballo? O restaurante O Eirado necesita persoal de sala! Se estás interesado ou coñeces alguén que poida encaixar neste perfil, envía o teu curriculum a raqueleirado@grupobretal.com.
A que esperas para apuntarte ao domingo do Jazz Brunch que che ofrece o Pazo de Altamira? Desfruta dun ambiente inmellorable, da música e do bo xantar!
Estás a pensar en celebrar a túa voda, o bautizo ou a comuñón dos teus fillos, un cóctel ou unha reunión de empresa? O Hotel Alfonso IX en Sarria ofréceche os seus servizos para que poidas gozar dese día tan especial adaptándose sempre ás túas necesidades a través de diferentes propostas. Se necesitas máis información, […]
A partir de mañá, 27 de abril, o restaurante do Hotel Pazo do Río estará aberto en horario ininterrompido de martes a domingo. Déixate conquistar polas súas receitas e propostas gastronómicas, acompañadas da mellor selección de viños.