O Clúster Turismo de Galicia confía en marcar boas cifras de ocupación no conxunto dos meses de verán

O Clúster Turismo de Galicia confía en marcar boas cifras de ocupación no conxunto dos meses de verán

31/07/2018 - 14:00

A falta de cifras oficiais, o sector turístico galego mira con bos ollos a chegada do mes de agosto, tradicionalmente o mes máis estable meteoroloxicamente falando e con mellores ocupacións do ano. A previsión coa que o sector traballa é que a ocupación de agosto se manteña nas cifras de anos anteriores, sen superar o […]

A falta de cifras oficiais, o sector turístico galego mira con bos ollos a chegada do mes de agosto, tradicionalmente o mes máis estable meteoroloxicamente falando e con mellores ocupacións do ano. A previsión coa que o sector traballa é que a ocupación de agosto se manteña nas cifras de anos anteriores, sen superar o rércord do verán do ano pasado, e máis preto da liña dos veráns de 2014 e 2015, en que se alcanzaron cifras de ocupación en torno ao 70%, con máis do 80% nas fins de semana e nos puntos de maior afluencia turística.

En canto a este mes de xullo, o sector cre que pode cerrarse cunha caída xeneralizada en ocupación, oscilando o descenso interanual entre un 3% e un 10%. En termos xerais, o rango de ocupación en Galicia situouse entre un 70% e un 85%, a falta de pechar oficialmente estas cifras, mentres que para o mes de agosto espéranse ocupacións entre o 70% e o 90%, dependendo dos destinos turísticos consultados. No caso do turismo rural, a ocupación en xullo se situou no 46%, cifra que se espera superar en agosto, con previsión de poder alcanzar o 60%.

Destes primeiros datos pode colixirse, pois, certa contención no sector nas súas expectativas. Despois dun período de crecemento constante, que conseguiu romper moitos dos teitos establecidos ata a actualidade, con chegada de viaxeiros e reservas para pasar a noite nunca antes alcanzadas, o sector turístico galego considera que este 2018 está a ser o ano da estabilización dos mercados. “Non pode haber un crecemento constante, as cifras récord acadadas o ano pasado dificilmente se van poder superar”, explica o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, quen considera que este 2018 “aínda ten moito que ofrecer, sobre todo porque nestes anos estivemos traballando moito e ben no proceso de desestacionalización e os resultados comezan a verse, con boas cifras de ocupación fóra da tempada estival máis alta”, explica.