O Curro da Parra presenta dúas receitas típicas do Nadal no programa “Aquí Galicia” da TVG

O Curro da Parra presenta dúas receitas típicas do Nadal no programa “Aquí Galicia” da TVG

03/01/2018 - 14:51

O Restaurante O Curro da Parra, pertenecente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, estivo presente no programa que realizou “Aquí Galicia”, da TVG,  na praza do Obradoiro na véspera de Noiteboa. Durante o programa, púidose ver como a capital galega amosa eses días unha faciana máis alegre e con moita cor grazas […]

O Restaurante O Curro da Parra, pertenecente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, estivo presente no programa que realizou “Aquí Galicia”, da TVG,  na praza do Obradoiro na véspera de Noiteboa. Durante o programa, púidose ver como a capital galega amosa eses días unha faciana máis alegre e con moita cor grazas á iluminación propia destas datas.

Borja, o chef do restaurante, presentou duas receitas típicas de Nadal cun toque moderno: bacallau confitado, coliflor e allada e por outra banda un canelón de capón e bechamel de cogumelos. Unha proposta para deixarse sorprender polo bo produto e a cociña creativa con gusto, autenticidade e frescura para unha comida ou cea saborosa e equilibrada.