O diario The Guardian sitúa a Galicia como un dos mellores destinos do mundo para comer marisco

O diario The Guardian sitúa a Galicia como un dos mellores destinos do mundo para comer marisco

13/02/2018 - 12:59

Killian Fox, xornalista británico do diario The Guardian, publicou recentemente un artigo, tras a súa visita á nosa Comunidade Autónoma, que comezaba cun gran titular: «Enganchados a Galicia, espectacular marisco… pero non sen loitar por el». A través dunha extensa reportaxe, Fox define a nosa comunidade como «un dos mellores destinos do mundo para comer marisco» […]

Killian Fox, xornalista británico do diario The Guardian, publicou recentemente un artigo, tras a súa visita á nosa Comunidade Autónoma, que comezaba cun gran titular: «Enganchados a Galicia, espectacular marisco… pero non sen loitar por el».

A través dunha extensa reportaxe, Fox define a nosa comunidade como «un dos mellores destinos do mundo para comer marisco» e conta a súa experiencia capturando polbos no Grove, probando produtos típicos no Mercado de Abastos de Santiago, saboreando un espectacular albariño en Cambados ou bailando ao ritmo da gaita.

Esta non é a primeira vez que The Guardian conta as marabillas de Galicia. Hai algún tempo, cualificou a praia de Rodas, nas Illas Cíes, como a mellor do mundo. En Galicia Calidade estamos moi orgullosos da cualificación e a positiva mención que se fai da nosa terra, das nosas paisaxes e da nosa xente, pero sobre todo, dos nosos produtos frescos e de calidade.

Máis información do artículo: https://www.theguardian.com/travel/2018/feb/04/galicia-seafood-fish-spain-foodie-markets