Esta fin de semana todos os galegos, así como os turistas que visiten a nosa Comunidade, poderán gozar do Entroido, unha festa onde os disfraces, a cor e a música invaden as rúas. Ademais, poderán degustar suculentos pratos, que teñen por protagonista o cocido, os grelos, as patacas, as filloas, as orellas, a bica e, sobre […]
Esta fin de semana todos os galegos, así como os turistas que visiten a nosa Comunidade, poderán gozar do Entroido, unha festa onde os disfraces, a cor e a música invaden as rúas. Ademais, poderán degustar suculentos pratos, que teñen por protagonista o cocido, os grelos, as patacas, as filloas, as orellas, a bica e, sobre todo, un bo licor café.
Nestas datas, oito entroidos galegos exhiben con orgullo o título oficial de “Festa de Interese Turístico”:
- Dous son Festas de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas) e o Entroido de Verín (cos cigarróns).
- Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (onde o personaxe central é o boteiro), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas máscaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro como estrela).