O Hotel Alfonso IX en Sarria anima a todos os seus clientes a visitar a Necrópole de Santa Mariña, considerada como o xacemento funerario máis grande do norte da península, debido ao número de elementos que a conforman: túmulos funerarios, petróglifos, así como a diversidade tanto das súas dimensións como dos restos das antas visibles […]
O Hotel Alfonso IX en Sarria anima a todos os seus clientes a visitar a Necrópole de Santa Mariña, considerada como o xacemento funerario máis grande do norte da península, debido ao número de elementos que a conforman: túmulos funerarios, petróglifos, así como a diversidade tanto das súas dimensións como dos restos das antas visibles hoxe en día.
Este punto arqueolóxico pode visitarse en calquera momento do ano, xa que se atopa ao aire libre e é de fácil acceso. Accédese desde a localidade de Buxán, no municipio do Incio, en dirección a Santa Cristina do Viso, desviándose a 1,2 km cara á esquerda por unha estrada de terra.