O Hotel Bosque Mar mellora o seu sistema de reservas!

O Hotel Bosque Mar mellora o seu sistema de reservas!

15/01/2018 - 14:58

Hotel Bosque Mar, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, aposta polos seus clientes e atópase inmerso nun gran cambio a nivel interno. Trátase da mellora do sistema de reservas na súa web. A través do novo motor de reservas, os hóspedes poderán reservar e confirmar instantaneamente as súas habitacións por […]

Hotel Bosque Mar, establecemento pertencente ao grupo Lecer e certificado co selo Galicia Calidade, aposta polos seus clientes e atópase inmerso nun gran cambio a nivel interno. Trátase da mellora do sistema de reservas na súa web. A través do novo motor de reservas, os hóspedes poderán reservar e confirmar instantaneamente as súas habitacións por internet, podendo así o establecemento xestionar a súa ocupación a través da súa web ou tamén noutras páxinas de terceiros coas que traballe.

Hoteis de todo tipo tiveron que adaptarse ás novas tecnoloxías para poder satisfacer a crecente demanda das reservas por internet. Isto débese a que un terzo do gasto total na industria turística, aproximadamente uns 145 mil millóns de dólares, realízase mediante as reservas online, xa que os hóspedes prefiren usar estes motores de reservas ao resultarlles máis cómodos, xa que poden consultar rapidamente a dispoñibilidade, así como os prezos, para reservar e confirmar a súa estancia.