O Hotel Louxo la Toja prepara a súa reapertura cunha nova proposta gastronómica Atlántica da man do chef Francisco Lorenzo

O Hotel Louxo la Toja prepara a súa reapertura cunha nova proposta gastronómica Atlántica da man do chef Francisco Lorenzo

20/05/2020 - 19:24

O Hotel Louxo la Toja prepara a súa volta á actividade tras o peche temporal con motivo da crise polo Covid-19 e farao en dúas datas diferenciadas: xuño, coa posta en marcha dos novos espazos de restauración e proposta gastronómica e xullo, con apertura dos seus servizos de aloxamento. E todo, baixo un rigoroso protocolo […]

O Hotel Louxo la Toja prepara a súa volta á actividade tras o peche temporal con motivo da crise polo Covid-19 e farao en dúas datas diferenciadas: xuño, coa posta en marcha dos novos espazos de restauración e proposta gastronómica e xullo, con apertura dos seus servizos de aloxamento.

E todo, baixo un rigoroso protocolo de limpeza, hixiene e distanciamento físico que permitirá que os clientes poidan seguir gozando da mellor experiencia. Como explica a súa directora, Dores Valladares, “os nosos clientes, a súa saúde e benestar son a nosa máxima prioridade”.

Entre as novidades de Hotel Louxo la Toja, atópase a incorporación do chef executivo grovense Francisco Lorenzo como novo director creativo. O produto local e estacional aplicado a unha cociña de mercado é unha das bases da súa cociña. Francisco Lorenzo conta cunha dilatada traxectoria ao mando de diferentes restaurantes e Hoteis de 5*. Participou en eventos de primeira magnitude, como a gala da revista Bacchus na que se elixe aos mellores restaurantes do mundo. Lorenzo foi profesor de Artes Culinarias en Hong Kong e nos Balcáns e, nos últimos anos, traballou en Asia, Europa e América, chegando a ser adestrador do Equipo Búlgaro de Cociña que nas pasadas Olimpíadas de Cociña quedou finalista na categoría de cociña sostible.

A incorporación de Francisco Lorenzo é unha decidida aposta do Hotel Louxo por consolidar e achegar servizos de valor a unha dieta Atlántica na que primará unha cociña de mercado con produtos de proximidade.

Esta nova oferta gastronómica poderá gozarse a través de:

  • Punta Vendaval Restaurante. Grazas unha nova distribución das súas 500 m2 de vistas á Ría de Arousa, os comensais poderán gozar da gastronomía e do paraíso grovense nunha contorna segura e mantendo as distancias de seguridade.
  • A Garza Bistró e o seu servizo Take Away. Coa seguridade nos sistemas de produción hixiénico sanitarios adaptados á normativa internacional, ofrecerase unha coidada carta.